lunes, 28 de diciembre de 2020

 OBRADOIROS DIVERTIDOS PARA DESPEDIR O 2020!

        Antes de marchar de vacacións de Nadal o alumnado de 1º da ESO gozou dunha nova experiencia aprendendo a facer lapis de labios, perfumes e, como estabamos nas portas do Nadal, bonecos de neve!; os de 2º da ESO crearon tamgrams e practicaron as matemáticas con papiroflexia.


 

martes, 22 de diciembre de 2020

 CIENCIA E CINE

Como actividade de fin de trimestre, en 3º e 4º da ESO visionaron cadansúa película de temática científica e que vos recomendamos a todos e todas.

O alumnado de 3º gozaron da película Figuras ocultas


En 4º, A teoría do todo


lunes, 21 de diciembre de 2020

 LÁMPADA DE LAVA

Se mesturamos dous líquidos inmiscibles (auga e aceite) observarase a aparición de dúas fases, a da auga na parte inferior por ser máis densa que o aceite que queda na superior. Se introducimos unha pastilla efervescente, as burbullas formadas ascenderan atravesando as duas fases ata a parte superior do recipiente. Cando estas burbullas chegan ao borde da botella, deixan escapar o gas e a auga volve abaixo, volvendo a comezar o proceso.

Cando engadimos as pastillas efervescentes, estas comezan a disolverse creando un gas. Este gas forma burbullas que, ao subir, arrastran con elas un pouco de colorante que previamente introducimos na auga. Cando estas burbullas chegan ao borde da botella, deixan escapar o gas e a auga volve abaixo, volvendo a comezar o proceso.

 


 

 

 

                                                                       Recreos científicos

        Pódese facer neve na casa?

Laura Manuela de 1º bacharelato ensinounos como elaborar neve coa mestura de substancias tan comúns como o bicarbonato e auga. 

Velaquí tendes testemuños desta actividade. 


 

                                                          MATEMAXÍA: ÁRBORES EN PAPEL

Nesta actividade o alumnado fixo árbores que posteriormente se empregaron para facer matemaxía nun recreo científico.



                                                                           Recreos científicos

                                                                                      NIM

              O NIM é un xogo matemático de estratexia no que dous xogadores fan quenda para quitar ou recortar obxectos de distintas moreas. Cada xogador debe eliminar polo menos un obxecto e pode eliminar calquera número de obxectos sempre que todos sexan da mesma morea. O obxectivo do xogo é evitar tomar o último obxecto (segundo a versión pode gañar o que tome este último). 

Este xogo de orixe chinesa estivémolo practicando en varios recreos científicos con quen desexaba. O que eles/elas non sabían é que o alumnado monitor sabe xogar, é imposible que perda se comezan eles e, tamén gañan se o rival comete un erro calquera.





viernes, 18 de diciembre de 2020

                                                         COÑECENDO O NOSO PATRIMONIO

              Dentro das actividades realizadas polo Club de Ciencias recibimos o venres, 18 de decembro, a visita de Jorge Gude do CEIDA, centro de referencia para a educación ambiental en Galicia. A charla, dirixida ao alumnado de 4º ESO, tiña como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a importancia dos espazos naturais protexidos, neste caso as Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.

              A conferencia está incluída no programa Para unha transición ecolóxica, cuxa principal finalidade é sensibilizar ante os problemas ambientais e contribuír na conservación do noso patrimonio natural. Dentro deste programa, que conta coa apoio da Deputación da Coruña, o noso alumnado de 4º visitará as Fragas do Eume no mes de marzo porque se protexe o que se coñece!



 

 

 REMATAMOS O 1 TRIMESTRE

Xa se achega o Nadal e dende o Club de Ciencias queremos unirnos á celebración e montamos dúas árbores científicas. A ver se sabedes a que elementos da Ciencia fan referencia!



jueves, 17 de diciembre de 2020

 Recreos científicos

A maxia da aritmética modular 

A maxia con cartas dos profesionais é un espectáculo moi preparado. Nós fixemos pequenos trucos grazas a Pedro Alegría, Nelo Maestre e Fernando Blasco, e desvalamos ao final as matemáticas que nos permitiron acadar resultados sorprendentes.


 


 

lunes, 14 de diciembre de 2020

Dragón de Gadner

O Dragón de Gardner é unha ilusión óptica creada polo ilusionista estadounidense Jerry Andrus. Trátase dunha ilusión capaz de enganar o noso cerebro usando como medio a percepción virtual: ao miralo dende distinto ángulos dá a impresión  mediante un efecto óptico de que te segue coa mirada.

No Club de Ciencias elaboramos estas catro figuras que tivemos expostas no corredor para que non deixaran de observarnos.




 

 Formación de monitores

        Formación de monitores para a titorización durante a realización de distintos obradoiros que se celebrarán no últimos día deste trimestre, no que se que se elaboraran barras de cacao, perfumes e bonecos de neve.

Os novos monitores son Manuel, Nayla e María de 3º ESO e Desirée de  2º ESO.






lunes, 7 de diciembre de 2020

 Recreos científicos

Os novos Galileos 

 Neste recreo científico collemos o que atopamos a man (papel, cinta adhesiva, xices, moedas... e dúas botellas de auga, unha medio chea e outra chea de todo e comprobamos o seu comportamento ao deixalos caer libremente.

Comprobamos que a aerodinámica inflúe no que tardan en chegar ao chan e convencemos aos incrédulos de que a masa non inflúe. Despois duns minutos tirando dende unha determinada altura cousas, os menos obsesionados co estudo marcharon con máis ganas de coñecer as Leis de Newton, quizais algún deles nos sorprenda nun futuro unificando as teorías cuántica e relativista.



 Recreos científicos

Globos inflándose sós

Enchemos globos con fariña, xiz e bicarbonato e colocámolos en botellas con auga e vinagre, con auga, xiz ou fariña non pasa nada, pero mesturando bicarbonato con vinagre logramos que un globo se infle só pola produción de CO2. 

Deixamos que o alumnado fixera distintas mesturas e observase os resultados. Chegamos a facer estoupar un globo para ledicia das emocións!

Esta experiencia simple e con reactivos caseiros permitiu aproximarse dun xeito lúdico ás reaccións químicos.

Posteriormente explicamos que a reacción que ten lugar é: