viernes, 29 de octubre de 2021

 

TERROR MATEMÁTICO

            Ao lado do Departamento de Matemáticas atopamos un taboleiro no que ao longo do curso se expoñerán fotografías, gráficos, estudos... relacionados coas matemáticas. Detédevos a miralo e, de seguro, que sempre haberá algo que vos resulte interesante. Comezamos este curso coa exposición Terror matemática realizada polo alumnado de 3º da ESO e que vos fará tremer de medo!

 

lunes, 25 de octubre de 2021

 ESTUDO SOBRE A REPRODUCIÓN DAS PLANTAS

          Comezamos co alumnado do Club de Ciencia de 3º ESO un estudo sobre a reprodución vexetal: empezamos coa xerminación de garavanzos e o alumnado irá tomando datos que nos axudarán a entender este proceso natural.

 1ª XUNTANZA NO  CLUB DE CIENCIA

    Despois de degustar unha doce sobremesa como comentabamos na entrada anterior, púxemonos mans á obra e iniciamos os nosos obradoiros cun para elaborar barras de labios. Resultou unha aprendizaxe moi divertida e produtiva!

 

BENVIDA AOS MEMBROS DO CLUB DE CIENCIAS DO CURSO 2021-2022

              Hoxe, ás 15.00h celebramos un acto de benvida aos membros da nova edición do Club de Ciencia no que degustamos uns petiscos de sobremesa e así facer unha primeira toma de contacto e coñecernos entre nós. Cada alumno e alumna identificouse e fixo a súa propia chapa.



 

domingo, 17 de octubre de 2021

 

COMPROMETÉMONOS COS OCÉANOS

            Un ano máis, convocados por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), o venres, 15 de outubro, limpamos co alumnado de 1ª da ESO o areal de Traba, co obxectivo de conciencialo sobre a contaminación mariña producida sobre todo polo plástico. 

            Aproveitamos tamén a saída para darlle a coñecer ao alumnado o gran valor ecolóxico deste lugar, declarado Espazo Natural protexido da Lágoa e Dunas de Traba e recoñecido como Zona de Especial Pretección de Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC). O interese natural desta lágoa céntrase principalmente no gran número de aves invernantes que nos visitan no seu camiño a África. Tivemos a sorte de poder observar unha garza real (Ardea cinerea) nos campos á beira da lágoa e a herba de namorar (Armeria marítima) nas dunas.

               Ao regresar fixeron unha pequena exposición na entrada do Centro co plástico recollido (uns 50 quilos) e clasificado para que todos sexamos consciente da variedade de residuos que se verten nas nosas augas e que repercuten gravemente no medio natural. 

Sabiades que

  • Uns 10 millóns de toneladas de plástico rematan cada ano nos oceános.
  • Os oceános reciben 200 kg de plástico por segundo.
  • 90% das aves mariñas teñen fragmentos de plástico no estómago.