lunes, 28 de junio de 2021

PECHARMOS O NOSO CLUB CON OBRADOIROS BEN DIVERTIDOS

Rematamos o curso escolar e con el tamén pechamos o Club de Ciencias que por vez primeira tivemos no noso centro. 

O alumnado de 1º da ESO despediuse participando nun obradorio de elaboración de bombas de baño e de castelos con area máxica.

O grupo de 2º ESO, fíxoo cun obradoiro de cosmética: elaboraron perfumes e personalizaron as sales de baño.

Mírade este vídeo e aprendede vós tamén: non precisades materiais difíciles de conseguir en ningún dos dous casos! 

Esperámosvos para a segunda edición do noso Club de Ciencias  Baiociencias! Non esquezades apuntarvos a principio do vindeiro curso!


 

 

 

lunes, 21 de junio de 2021

 

GAÑADORAS DO CONCURSO CON-CIENCIA

A mediados de xaneiro convocabamos o Concurso Con-ciencia destinado a todo o alumnado do centro que consistía en responder unha pregunta cada quince días sobre diferentes temática relacionadas coa Ciencia.

Agora, que xa imos rematando o curso, podemos anunciar que son dúas alumnas de 1º de bacharelato as gañadoras: Daniela González e Lucía Martínez. 

Velaquí as tendes recibindo cadanseu premio da man de Adrián, o organizador do concurso. Parabéns para elas! e grazas a todos e todas pola vosa participación.


 

viernes, 18 de junio de 2021

GLOSARIO DE TERMOS TECNOLÓXICOS

        Os alumando de 2º de CB de Informática de Oficina buscou os termos e fixo a definición nas tres linguas (galego, castelán e inglés) para poder crear un glosario de termos tecnolóxicos relacionados cos sistemas operativos, as redes de telecomunicacións, as compoñentes dun ordenador, as aplicacións informáticas, etc. 
        A idea do futuro é continuar e seguir incrementando o número de termos.
Pódese ver o glosario na seguinte ligazón:

 https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=7AhaPB0ecjnIdypbRlNM


 

sábado, 12 de junio de 2021

 CIENCIA EN FRANCÉS

    Aló polo mes de decembro realizamos un obradoiro co alumnado de 1º da ESO que incluía a realización de bonecos de neve artificial. Agora Elsa, Pedro e Estela explícannos en francés como realizalos na casa empregando materiais moi sinxelos. 


 


viernes, 11 de junio de 2021

 CIENCIA EN INGLÉS

   Hoxe presentámosvos un vídeo onde Marina Camafreita e Yago Regueira nos explican en inglés como elaborar unha barra de labios caseira.




 

martes, 8 de junio de 2021

 

                                                    APADRIÑAMOS ÁRBORES
 
    O venres pasado aproveitamos a hora de títoría con 2º da ESO para que o alumnado escollera unha das árbores (castiñeiros, cerdeiras e abelairas) que plantaron en xaneiro e á apadriñara, comprometéndose a coidala e facer un seguimento da mesma.
    Primeiro mediron a altura e a circunferencia da árbore e apuntaron estes datos xunto con outra información relevante da mesma (nome ciéntifico e en galego, data da plantación e apadriñamento e características da árbore) nunha ficha en inglés e en galego e finalmente fixeron unha foto coa súa árbore para incorporar á ficha. Durante os anos que estén no centro, irán rexistrando novos datos e observando os cambios.
    Ademais de aprender o nome das árbores en galego, o obxectivo deste proxecto é concienciar ao noso alumnado sobre a importancia da conservación do medio natural e dos seus valores paixasísticos e culturais .
    No futuro, esta leira cedida por unha familia da localidade convertiráse no noso BOSQUE DAS LETRAS E DA MÚSICA, un espazo para realizar actividades de educación ambiental e disfrutar do contacto coa natureza .

 

domingo, 6 de junio de 2021

 

                                O NOSO HORTO DE PLANTAS AROMÁTICAS
A terra arada e labrada
só quere ser sementada!
                Manuel María
 
Seguimos promovendo o coñecemento e o contacto coa natureza entre o noso alumnado. Desta vez, decidimos facer un pequeno horto de plantas aromáticas co alumnado de 2º da ESO na hora de titoría. Esta actividade pode ser un recurso educativo máis para achegar o alumnado ao mundo natural, a terra, fomentar as actividades ao aire libre e reforzar a convivencia , o traballo en equipo e a cohesión do grupo.
Os beneficios que aportan as plantas aromáticas son diversos. Atraen aos insectos encargados da polinización e controlan as pragas xa que son repelentes naturais. Ademais, son doadas de cultivar e aportan recendos e beleza ao noso xardín.
Despois de preparar a terra e dunha pequena explicación sobre as plantas aromáticas e os seus usos, o alumnado plantou pirexel, tomiño, ourego, santolina, herba luisa, salvia, lavanda,menta, albahaca e romeu, moitas delas descoñecidas para o alumnado.
De agora en diante será este alumnado o responsable de coidalas, regalas e cando as precisen, usalas para adobar as súas comidas.



viernes, 4 de junio de 2021

 

               PARTICIPAMOS NA 7ª EDICIÓN DA MAKER FAIRE GALICIA

    Unha edición máis o IES Maximino Romero de Lema participa nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia.

    Seguimos traballando en proxectos que fagan do noso centro, un espazo máis saudable. Neste caso presentamos o proxecto Gavieiro, un medidor de CO2 de baixo custo que alerta ao profesor cando se alcanzan niveis de CO2 non recomendables para forzar unha ventilación forte na aula.

O proxecto desenvolvese dentro do Club de Ciencia e participan a profesora Marta Diz Alonso e o alumnado de 2º curso do CB de Informática de Oficina: Anxo Antelo, Fátima Martínez, Estéfano Moreira, Rubén Pena, Rubén Sánchez, Iván Suárez e Adrián Villar.

O noso dispositivo tivo boa acollida e a nosa idea é compartilo con outros centros para que poidan construír o seu propio Gavieiro.

Somos makers!.

Podes ver o noso stand na seguinte ligazón:     https://makerfairegalicia.com/proyectos/gavieiro


 

 

                           DEFENDEMOS OS PENEDOS DE TRABA E PASARELA

“Os penedos son formación únicas no mundo, presentan particularidades que permiten soster está afirmación.Este tipo de paisaxes posibilitaría por en marcha o que noutros lugares se chama turismo científico”                                                                                                                               Vidal Romaní

    Un dos espazos naturais protexidos máis emblemáticos da Costa da Morte Os Penedos de Traba e Pasarela están agora ameazados pola instalación dun parque eólico. Para concienciar ao alumnado sobre a necesidade de preservar este espazo, realizamos unha pequena exposición no centro sobre a súa formación, os valores culturais e científicos e as actividades realizadas no noso centro en anos anteriores para denunciar a instalación dunha canteira.

    Elaboramos tamén unha pregunta para o concurso CON-CIENCIA sobre os animais que habitaban esa zona  na época en que se formaron os Penedos.