lunes, 29 de marzo de 2021

Visita ao Parque Natural das Fragas do Eume
          
            O venres, 26 de marzo, realizamos co alumnado de 4º da ESO unha visita a un dos bosques atlánticos máis singulares que quedan en Europa: As Fragas do Eume. Esta actividade organizada polos Departamentos de Bioloxía, Debuxo e Inglés englóbase dentro do Programa de Educación Ambiental "Para unha transición ecolóxica" promovido polo Ceida (Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia). Antes da visita, un biólogo do Ceida impartiulle ao alumnado no noso centro unha charla sobre os valores naturais, paisaxísticos e culturais que agochan as Fragas do Eume. 
  
        Guiados por un monitor do Ceida, visitamos primeiro o Mosteiro de Caaveiro, desde onde puidemos admirar unha vista xeral do val e coñecer os seus valores históricos e culturais. Despois realizamos un pequeno roteiro por pontes e sendeiros na beira do río Eume e do seu afluente o Sesín, apreciando in situ a extraordinaria biodiversidade deste bosque, que alberga unhas vinte especies de árbores, entre as que destacan freixos, castaños, carballos, pradairos e bidueiras, ademais de sete especies de fieitos únicos, relictos botánicos de hai máis de 15 millóns de anos. Nas beiras do Eume puidemos admirar tamén  a beleza das diferentes flores silvestres que abrollan na primavera: xacintos, narcisos, anémonas etc.

 

 

viernes, 26 de marzo de 2021

sábado, 20 de marzo de 2021

                                                            AS MATEMÁTICA EN PAPEL

Durante as últimos días estivemos traballando con papel: dobras, tesoiras e pegamento para empregar a xeometría e crear figuras no plano e no espazo, e usando figuras adaptadas para facer maxia. 

Podedes consultar estes e outros xogos en:  https://divermates.es/blog/ 

domingo, 14 de marzo de 2021

 DÍA DO NÚMERO PI

O Día do Número Pi celébraxe tal día coma hoxe, 14 de marzo, unha data para celebrar a existencia dunha constante matemática que foi moi significativa a través da historia. A data escollida foi a máis representativa do número 3/14.

O Departamento de Matemáticas  celebrouno facendo unha exposición no seu taboleiro sobre referencias históricas do máis famoso irracional. Mirádeas que son moi curiosos!




lunes, 1 de marzo de 2021

 Recreos científicos

A neve arde?

Desmontamos un dos mitos que máis apareceu nas redes sociais este ano co gallo das nevaradas.