Mostrando entradas con la etiqueta Nadal de aproveitamento. Reciclaxe de alimentos. Contra os residuos alimentarios.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Nadal de aproveitamento. Reciclaxe de alimentos. Contra os residuos alimentarios.. Mostrar todas las entradas

miércoles, 11 de enero de 2023

Nadal de aproveitamento


    
Dende o Club de Ciencia, co gallo das numerosas reunións que temos arredor da comida en Nadal, quixemos achegarnos a un problema de dimensións alarmantes: os residuos alimenticios.

    Os residuos alimenticios fan referencia a aqueles alimentos seguros e nutritivos para o consumo humano que son rexeitados e perdidos ao longo da cadea de subministro alimentario: dende a produción inicial ata o consumo final nos fogares. É necesario reducilos polas consecuencias sociais, medioambientais e económicas que teñen. Por iso un grupo de alumnos e alumnas fixeron exposición explicativas do problema ante os/as compañeiros/as antes do Nadal e durante o mesmo elaboraron receitas para aproveitar as sobras. O vídeo de arriba resume esta iniciativa.