lunes, 22 de mayo de 2023

Taller creativo

 

    Esta semana na reunión do Club de Ciencias o alumnado experimentou coa cosmética. Empregando materiais caseiros coma o alcohol, auga e esencias naturais elaborou perfumes. Na segunda parte da xuntanza todos e todas tinguiron cartolina para elaborar o seu marcapáxina personalizado. Mirade que ben lles quedaron!

 


viernes, 19 de mayo de 2023

Experimentos a esgalla

A MAXIA DA CIENCIA

O club de Ciencia Baiociencia organizou unha actividade máis no derradeiro día da Semana Cultural: dende Arenaria viñeron impartir o obradoiro A Maxia da Ciencia no que a través de experimentos, xogos e probas de enxeño o alumnado participante (1º e 2º ESO) descubriu por que ocorren determinados fenómenos da súa contorna. Podo poñer lume na miña man sen queimarme? Podo sacar unha lata de refresco dunha taza sen tocala? Por que soben os globos aerostáticos ou voan os avións? Son algunhas das cuestións ás que se deu resposta durante o taller de divulgación científica.


 


 

Alimentación e rendemento académico

                                  MAXIMO RENDEMENTO ACADÉMICO POLA ALIMENTACIÓN

           O Club de Ciencia moi activo durante a Semana Cultural deste curso trouxo a nutricionista Candela Martínez para impartir unha charla sobre a importancia dunha alimentación óptima para ter o máximo rendemento académico. Destacou os nutrientes e as vitaminas que máis necesita o cerebro para mellorar a memoria e a concentración, e cales son os alimentos que os conteñen.  Insistiu na importancia de realizar un bo almorzo - cada alumno/a describiu a súa primeira comida do día, despois os/as compañeiros/as tiñan que melloralo e finalmente a especialista fixo a súa proposta-.

            En definitiva o alumnado participante (3º ESO) puido coñecer que hai que levar unha dieta saudable para dar o 100% do seu potencial á hora de render nos seus estudos!


 

jueves, 18 de mayo de 2023

O mundo na túa cabeza

                       CHARLA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA POR CASTO RIVADULLA

 Unha das actividades destacada entre as organizadas polo Club de Ciencias Baiociencias durante a Semana Cultural foi a visita de Juan Casto Rivadulla Fernández, prestixioso neurocientífico da Universidade da Coruña, que impartiu unha charla de divulgación científica sobre o funcionamento do cerebro ao alumnado de 1º Bach.

     Introduciu o tema explicando que son as neuronas e como funcionan, deixando claro que o importante non é o número que teñamos delas, senón as conexións que fan entre elas. Coa idade a capacidade de conexión das neuronas vai diminuíndo, por iso merma a capacidade de aprendizaxe. A continuación expuxo como o cerebro só queda co aquilo que lle parece importante. Utilizando exemplos de dúas imaxes con pequenas diferenzas demostrou que aquelas diferenzas que na vida real non suceden non as viamos. Tamén nos sinalou como o noso cerebro nos pode enganar se o poñemos ao límite. De novo puxo varios exemplos con imaxes nas que aparecían cores iguais, pero nas que nós o viamos diferentes porque había unha sombra ou raias de cores por riba... confundindo así o noso cerebro.

Para rematar sinalou como cada un ten unha percepción diferente da realidade, poñendo o mítico exemplo do vestido, que unhas persoas ven branco e dourado, e outras azul e negro, pero que en realidade son as mesmas cores e o mesmo vestido.

Resultou unha charla moi interesante para entender un pouquiño como funciona o noso cerebro. Agradecémoslle a Juan Casto Rivadulla a súa visita, a súa amabilidade e claridade de exposición.