O pasado 11 de febreiro foi o Día da Muller e a Nena na Ciencia, día importante no que destacar a importancia do papel decisivo das mulleres na Comunidade Científica. Motivo polo cal, hoxe, martes 27 de febreiro, O Club de Ciencia tivo a oportunidade de participarnunha charla na que dous investigadores do IGFAE: Aarón José Alejo Alonso e Alicia Muñoz Ramos trataron sobre este tema.
O
alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar
a ponencia: Ocultadas
pero elementais: a diversidade na historia da física que
tiña como obxectivo dar a coñecer o nome de mulleres que
desenvolveron a súa actividade no ámbito científico pero que
nalgún caso non foron destacadas nin premiadas polo seu traballo.
Empezamos coñecendo os traballos científicos de Marie Sklodowska
Curie, Lise Meitner, Chien-Shiung Lou e rematando por Marie
Goeppert-Mayer. Non só a discriminación producíase polo xénero
tamén puidemos escoitar algún exemplos de homes no que o seu
traballo científico non foi recoñecido debido a súa condición
sexual coma Alan Turing ou Frank Kameny. Tivo que pasar un tempo para
que o recoñecemento se producise.
Seguindo os datos dun estudo
estatístico púidose observar que o número de mulleres premiadas co
premio Nobel roldaba ata o ano 2018 o 5%.
Agardamos que con estas charlas se esperte a curiosidade no alumnado por coñecer a historia dos descubrimentos científicos.