Mostrando entradas con la etiqueta Feira matemática. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feira matemática. Mostrar todas las entradas

sábado, 22 de marzo de 2025

XVIII FEIRA MATEMÁTICA

 



Este sábado, 22 de marzo, celebrouse na Coruña a décima oitava edición da Feira Matemática, organizada pola Universidade da Coruña e Agapema. O Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema participou nesta actividade coa participación do alumnado de 4º, 1º Bacharelato e 1º CM. María, Mateo, Lara, Sandra, Laura, Ainara, Alicia e Óscar en representación do Club de Ciencias tiveron un papel destacado facendo desfrutar aos asistentes con xogos matemáticos e maxia.

Durante a xornada os asistentes podían participar en distintos concursos como o de Fotografía matemática; neste último gañou unha compañeira do noso centro, Laura Ferreiro Suárez de 3º de ESO, coa fotografía “Refracción”. Podedes observar as fotografías dos nosos representantes na actividade aos que lles resultou unha xornada moi positiva e enriquecedora.





domingo, 16 de abril de 2023

Feira Matemática_2023

 

XVI FEIRA MATEMÁTICA

O Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema participou onte, sábado 15 de abril, na XVI Feira Matématica celebrada en Palexco, na Coruña. Ainara, Marina, Desiré, Álex, Dani, Óscar e José atenderon un stand no que se ofertaban distintos xogos matemáticos que fixeron as delicias dos numerosos asistentes.

Durante a xornada os asistentes podían participar en distintos concursos: Matmonólogos, Esopías e Fotografía matemática; neste último gañaron dous compañeiros do noso centro, Pablo Barreiro de 1º de Bacharelato e Manuel Mourelle de 2º de ESO. Felicidades aos dous e aquí tedes as mellores fotografías matemáticas de 2023 xunto con outras dos nosos representantes na actividade aos que lles resultou unha xornada moi positiva e enriquecedora.

sábado, 30 de abril de 2022

 CINCO RAPAZAS REPRESENTAN O CENTRO NA XV FEIRA MATEMÁTICA

        AGAPEMA tras os dous últimos anos de pandemia retomou este ano a celebración da XV Feira Matemática que se celebrou no día de hoxe, 30 de abril en PALEXCO, na Coruña.  Aí estiveron cinco rapazas representando o noso Centro: Lucía Gabín, Lorena Martínez,  Tania Pose de 1º Bacharelato, Ainara Pose e Marina García de 3º da ESO, acompañadas polas profesoras Begoña e Luchi.        

      Esta feira conmemora o Día Escolar das Matemáticas, 12 de maio,  e nela as alumnas expuxeron traballos realizados no Centro. Tamén estaba convocado un concurso de Fotografía Matemática no que participou alumnado noso e Daniel Díaz de 3º da ESO resultou gañador na súa categoría.