Mostrando entradas con la etiqueta Cianotopia. Fotografía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Cianotopia. Fotografía. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de mayo de 2024

CIANOTIPIA, PINTAR CON LUZ

 

O Club de Ciencia participará activamente na Semana Cultural do noso centro que celebramos durante estes días. Para empezar organizou xunto co Equipo da Biblioteca un obradoiro desenvolto polo artista Jesús Pérez para que iniciase ao alumnado de 1ºESO na técnica fotográfica da cianotipia, unha técnica xurdida no século XX con múltiples usos en creacións contemporáneas.

Comezou o taller explicando o desenvolvemento do proceso, facendo fincapé na importancia da luz e da escuridade no mesmo. A continuación cada alumno/a elaborou o seu negativo en láminas de acetato transparente pintando as zonas en negro de fotografías que lles proporciounou Jesús. A seguir, co laboratorio en escuridade, empapou cunha solución de cianotipo os papeis sobre os que puxeron as imaxes creadas polos/as rapaces/as e procedeu ao seu secado cun secador de man; finalmente comprobaron o seu revelado ao sol.

               Os retratos dalgunhas das figuras homenaxeadas nas Letras Galegas: Luísa Villalta, Xela Arias, Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, Risco, Castelao ou Otero Pedrayo  foron os empregados para realizar os negativos. Ciencia e Letras combinaron perfectamente nesta actividade.

O alumnado quedou sorpendido coa técncia tan sinxela do revelado e gozou con todo o proceso que lles permitiu achegarse ao mundo da fotografía de  xeito moi diferente ao que eles coñecen e usan a través dos seus móbiles.


jueves, 19 de mayo de 2022

 

OBRADOIRO DE CIANOTIPIA


                No Club de Ciencia estamos moi activos durante a Semana Cultura deste curso, por iso propuxemos moitas das actividades. Unha delas foi a de iniciar o alumnado de  1º Bacharelato na técnica fotográfica da cianotipia e a encargada de levala a cabo foi Sol Mariño, unha artista que fusiona fotografía, debuxo e pintura.A cianotipia foi unha técnica xurdida no século XX con múltiples usos en creacións contemporáneas. 

                O obradoiro combinou unha aproximación ás orixes da cianotipia coa súa posta en práctica, consistente na realización de impresións a partir do seu revelado ao sol en ton azul prusia das composicións realizadas polo alumnado con materia natural da contorna, plantas e algas que lles proporcionou Sol.

              O alumnado realmente gozou con todo o proceso que lles permitiu achegarse ao proceso fotográfico que nada ten que ver co que eles coñecen e usan cada día cos seus móbiles.