Mostrando entradas con la etiqueta Referentes femininos en Ciencia. Perspectiva de xénero na Ciencia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Referentes femininos en Ciencia. Perspectiva de xénero na Ciencia. Mostrar todas las entradas

viernes, 17 de marzo de 2023

Joana Magalhaes, un referente feminino en Ciencia

 

Joana Magalhaes, un referente feminino en Ciencia

                                                Hoxe a científica e divulgadora do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, Joana Magalhaes, deu unha charla ao alumnado de 4º ESO e parte do de 1º e 2º de Bacharelato co obxectivo de fomentar as vocacións científico tecnolóxicas entre as rapazas do noso Centro.

A bióloga, investigadora e activista do feminino na ciencia falounos dende a propia experiencia, dos proxectos de investigación dos que formou parte, como o que compartiu co reumatólogo ceense Francisco Blanco ou o que impulsou en Vigo do proveitamento de materiais mariños; enumerou os proxectos de comunicación que realizou para achegar os avances científicos á sociedade (De maior quero ser científica, Un minuto de bioquímica...) e, finalmente sinalou algunhas entidades coas que colaborou como a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, a Real Academia Galega ou Radio Voz entre outras.

Toda esas experiencias permitíronlle viaxar, aprender moitos idiomas, compartir experiencias con colegas doutras nacionalidades...,pero tamén lle permitiron comprobar como segue existindo a discriminación de xénero no ámbito da ciencia -ela mesma o sufriu- e o teito de cristal para as mulleres. Puxo como exemplo a biomedicina na que hai moitas mulleres traballando, mais a súa presenza en cargos de responsabilidade é moi escasa.

             Esta charla, que pon o peche as actividades arredor do 8M no noso Centro, enmárcase no programa educativo STEM que impulsan Prensa Escuela da Voz de Galicia e a empresa Viaqua, para achegar mulleres inspiradoras aos estudantes que lles sirvan de  referentes femininos e próximos no ámbito STEM.