lunes, 18 de diciembre de 2023

Origami

 

O luns día 18 de decembro o alumando de 1º e 4º ESO enfrontouse a un novo reto de origami.  O alumnado que participou na actividade superou todos os retos que se lles propuxeron.



Slime

 

Na reunión do club de ciencias deste luns, 18 de decembro, o alumnado do club de ciencias de 3º da ESO elaborou un slime. O slime é semellante a plastilina viscosa e mol que ten unha alta resistencia e que se pode estirar sen romper. Serve para axudar a motricidade e tamén como desestresante. Cuns ingredientes que se poden atopar en calquera fogar (bicarbonato de sodio, líquido de lentillas e cola branca) puidemos facer o noso slime caseiro. Engadímoslle un colorante fluorescente e outro termocrómico.

É moi interesante ver a súa fluorescencia cunha lámpada UV, e co colorante termocrómico puidemos observar como cambia de cor ao cambiar a súa temperatura.





Diseño e impresión 3D

 

 O alumnado de 1º Bacharelato e de 2º ESO participou nunha actividade deseño e impresión 3d. A actividade que consiste en facer un deseño 3D dunha molécula de auga. O software utilizado para o deseño é 123D Desing (gratuito).

Para elo, o alumnado deseñou dúas esferas, a maior para o átomo de osíxeno e a menor para o hidróxeno. Tamén deseñaron os dous enlaces con forma de cilindro. Os enlaces encaixan a presión nas esferas para poder montar a molécula.

Durante a sesión imprimiuse unha molécula como mostra. Posteriormente iranse imprimindo as feitas polo alumnado.


jueves, 14 de diciembre de 2023

lunes, 4 de diciembre de 2023

REFERENTES FEMININOS NA CIENCIA

           O Club de Ciencia promoveu que a exposición itinerante Mulleres na Ciencia estivese no noso Centro durante a primeira quincena de decembro. A mostra, posta en marcha polo colectivo eXXperimenta en Feminino do campus de Ourense, está formada por 14 pósters sobre mulleres cun destacado papel na investigación científica e tecnolóxica. De cada protagonista, a exposición recolle información da súa traxectoria, achegas que fixo así como dos premios ou recoñecementos recibidos en vida e posteriormente.

Esta selección de mulleres inclúe figuras dende a investigación básica á aplicada, dende o ámbito galego ao internacional e dende a física á informática. Concretamente ofrece infomación da física Mileva Maric, da tecnóloga dos alimentos Concepción Llaguno, da bioquímica Margarita Salas, das farmacéuticas e químicas Tarsy Carballas, Mª Jesús Núñez e Teresa Toral, da astrónoma Antonia Ferrín, da física e pioneira en apicultura Eva Crane, da microbióloga Esther Lenderberg, da enfermeira Isabel Zendal, da enxeñeira química Frances Arnold, da programadora Ada Lovelace,  da química e nutricionista Elsie Widdowson e da psicóloga e bióloga Linda B. Buck.

            No Club de Ciencia sempre apoiaremos este tipo de iniciativas que permiten que o noso alumnado teña a posibilidade de coñecer e achegarse a importantes referentes femininos no campo das ciencias, ao tempo que promove a vocación científica entre as adolescentes, eliminando o estereotipo de que as carreiras e as profesións científicas e tecnolóxicas non son para as mulleres.