viernes, 28 de abril de 2023

Fotografía matemática.

 

Aquí vos deixamos as fotos do proxecto de Fotografía Matemática máis destacadas das realizadas durante este curso e que foron todas colgadas no taboleiro de matemáticas.


jueves, 27 de abril de 2023

+ que mascotas

 

 

 

 

    Partindo do traballo realizado arredor da xerminación, propúxoselles aos membros do club de ciencia de 1º bacharelato presentarse ao concurso SGAPEIO (Sociedade Galega para a promoción da Estatística e da Investigación de Operación)

    Como non lles convenceu decidiron realizar unha análise sobre o coidado de mascotas no noso centro  e así xurdiu o proxecto + que mascotas. Elaboraron unha enquisa para toda a Comunidade educativa e  xurdiu o proxecto + que mascota que se presentou a concurso.

lunes, 24 de abril de 2023

Indicador de pH natural con lombarda

 

    Na reunión de hoxe os e as integrantes do Club de Ciencias experimentaron cun elemento que se pode atopar en todas as cociña: a col lombarda. Extraeron os pigmentos vexetais deste vexetal e observaron como mediante o emprego dunha técnica de separación como a cromatografía, puideron separar o observar os diferentes pigmentos vexetais que presentan diferentes plantas (clorofila, antocianinas, carotenos). Ademais experimentaron co pH das disolución e aprenderon como cun indicador caseiro, elaborado coa propia lombarda, permitiulles identificar e clasificar as substancias en ácidos e bases.

Tratouse a importancia da natureza e como a acidificación dos océanos afecta a vida dos ecosistemas que viven neles.

domingo, 16 de abril de 2023

Feira Matemática_2023

 

XVI FEIRA MATEMÁTICA

O Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema participou onte, sábado 15 de abril, na XVI Feira Matématica celebrada en Palexco, na Coruña. Ainara, Marina, Desiré, Álex, Dani, Óscar e José atenderon un stand no que se ofertaban distintos xogos matemáticos que fixeron as delicias dos numerosos asistentes.

Durante a xornada os asistentes podían participar en distintos concursos: Matmonólogos, Esopías e Fotografía matemática; neste último gañaron dous compañeiros do noso centro, Pablo Barreiro de 1º de Bacharelato e Manuel Mourelle de 2º de ESO. Felicidades aos dous e aquí tedes as mellores fotografías matemáticas de 2023 xunto con outras dos nosos representantes na actividade aos que lles resultou unha xornada moi positiva e enriquecedora.