lunes, 20 de noviembre de 2023

Molécula de auga con deseño e impresión 3D

 O alumnado de 1 e 4 daº ESO participou nunha actividade deseño e impresión 3d. A actividade que consiste en facer un deseño 3D dunha molécula de auga. O software utilizado para o deseño é 123D Desing (gratuito).

Para elo, o alumnado deseñou dúas esferas, a maior para o átomo de osíxeno e a menor para o hidróxeno. Tamén deseñaron os dous enlaces con forma de cilindro. Os enlaces encaixan a presión nas esferas para poder montar a molécula.

Durante a sesión imprimiuse unha molécula como mostra. Posteriormente iranse imprimindo as feitas polo alumnado.

Slime

 

    Na reunión do club de ciencias deste luns, 20 de novembro, o alumnado do club de ciencias de 2º da ESO elaborou un slime. O slime é semellante a plastilina viscosa e mol que ten unha alta resistencia e que se pode estirar sen romper. Serve para axudar a motricidade e tamén como desestresante. Cuns ingredientes que se poden atopar en calquera fogar (bicarbonato de sodio, líquido de lentillas e cola branca) puidemos facer o noso slime caseiro. Engadímoslle un colorante fluorescente e outro termocrómico.

É moi interesante ver a súa fluorescencia cunha lámpada UV, e co colorante termocrómico puidemos observar como cambia de cor ao cambiar a súa temperatura.


Xogos matemáticos

 

    O luns día 20 de novembro o alumando de 3º ESO enfrontouse a un novo reto, un xogo de lóxica e enxeño no que nun taboleiro marcado debia coocar todas as pezas ben encaixadas sen que sobrara ningunha.  O alumnado que participou na actividade superou todos os retos que se lles propuxeron. Parabéns.

 

viernes, 17 de noviembre de 2023

Xa están entre nós os futuros polos creativos!!!

         O 25 de outubro a Asociación da Raza Galiña de Mos facíanos partícipes dun proxecto de educación avícola que comezou deixándonos unha incubadora chea de ovos desa raza de galiñas para que o alumnado de 1º e 2º ESO puidera observar o nacemento dos pitiños. O mércores 15 de novembro naceron oito, e ao día seguinte volveron visitarnos Diego e Monasterio  para indicarnos os pasos a seguir.

O veterinario Diego Rois expuxo con detalle todos os estados polos que pasa o ovo fértil dende o primeiro día de incubación ata o nacemento dos pitos. Amosoulles cunha lanterna sobre un ovo que non rompeu, como se podía saber se dentro había embrión ou non. Tamén sinalou as características físicas das galiñas e galos de Mos como, por exemplo, que os galos presentan unha crista en forma de chícharo que os diferencia doutras razas ou como as galiñas non teñen ningunha crista; tamén fixo alusión a boa calidade dos ovos e da carne que fai desta raza un produto diferenciado que cada vez se demanda máis.

A Asociación de Raza Galiña de Mos intenta dar a coñecer non só a raza, senón a importancia da súa protección e conservación. Estivo a piques de desaparecer anos atrás porén, coa perseveranza e traballo, puidérona recuperar.

Finalmente, e despois de que os alumnos e as alumnas que quixesen colleran os pitiños nas mans, introducíronse nun galiñeiro móbil construído para a ocasión, para que, cunha lámpada vermella se manteñan a temperatura adecuada e sigan medrando. O alumnado gozou moito con esta experiencia e amosouse moi emocionado coa seguinte etapa que se inicia: a cría e coidado deste animais tan especiais xa para eles.

Velaquí vos deixamos algunhas fotografías da actividade.

jueves, 16 de noviembre de 2023

Formación das nubes

 CELEBRACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA
    

    Como actividade da Semana da Ciencia, o día de hoxe, o alumnado do centro educativo gozou dunha xornada na que aprenderon como se forman as nubes e incluso chegaron a crear nubes dentro dunha botella. Tras rematar as explicacións o profesor sobre como se debe proceder para consequilas. A continuación podedes comprobar, no seguinte video, como Alicia o consegue a primeira.



Para conseguir formar "nubes", precisamos o seguinte material:

  • Unha botella de plástico, co seu tapón furado para que se axuste ó máximo posible a anchura da agulla dun bombillo de balóns

  • Bombillo de balóns coa súa agulla correspondente

  • Alcohol isopropílico

Metodoloxía:

  1. Botamos un fondiño de alcohol da botella (un dedo chega)

  2. Axitamos a botella para que entre en contacto o alcohol coas súas paredes

  3. Pechamos a botella  e inflamos ata enchela de aire

  4. Abrimos o tapón da botella, tentando que non se produza ningunha fuga de aire ata que esté totalmente aberto

Para que non se produzan fugas cando abramos a botella, teríamos que abrazar cos dedos índice e pulgar o pescozo da botella mentres desenroscamos, para que fagan de selo, e deixala agulla posta co bombillo na parte superior do tapón.


Úsase alcohol en lugar da auga, porque a súa presión de vapor é máis baixa, e costaranos menos conseguila nube. Vaise evaporar de forma máis doada, xa que os enlaces entre as súas moléculas son máis febles que os que forma a auga (se o quixeramos facer con uga, teríamos que calentala para romper enlaces primeiro).


Cando abrimos o tapón, o isopropílico vese sometido a un descenso moi brusco de presión, e os vapores de etanol que non podemos ver normalmente, condensan e forman unha "nube" dentro da botella.

Isto sucede porque o expandirse os vapores debido a baixa presión, aumentan o seu volumen e se enfrían, ata chegar ó que se coñece como punto de rocío, que é o punto no que o aire non pode conter máis auga (no noso caso alcohol) en forma vapor, e comeza a condensar, en forma de gota ou se a temperatura fora moi baixa, como cristais de xeo.


martes, 14 de noviembre de 2023

Fluorescencia

 CELEBRACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA

 Como actividade da Semana da Ciencia, o día de hoxe, o alumnado de 2º Bacharelato (Ainara, Andrea e Marina) levaron a cabo unha actividade na que se comprobaba a presenza ou non da fluorescencia en diferentes substancias. A fluorescencia é unha característica de determinadas substancias que son capaces de emitir unha radiación cando se lle fai incidir outra radiación. Neste caso a radiación incidente empregada é a ultravioleta.

Para comprobar dita fluorescencia con luz ultravioleta utilizáronse as seguintes substancias:

- Líquidos: leite, zume de froitas, bebida tónica, pigmento de clorofila, auga ou vinagre. Entre elas había que descubrir aquelas que presentasen fluorescencia.

- Rochas e minerais: entre os que había algúns que si presentaban fluorescencia.

- Billetes de curso legal: nos que baixo a luz ultravioleta albiscábanse marcas que a simple vista no son perceptibles posto que están feitos cunha tinta que so se pode ver baixo a citada luz ultravioleta.

- Crema solar: como pantalla protectora da radiación ultravioleta. Observábase que ao incidir a radiación UV na crema solar, esta absorbía a citada radiación.

- Rotulador fluorescente. Comprobouse que o incidir a luz UV sobre un subliñado observábase a súa fluorescencia. Mais se aplicabamos sobre el crema solar podíase inhibir a súa fluorescencia ao actuar como pantalla protectora.


lunes, 13 de noviembre de 2023

Xogos matemáticos

 

CELEBRACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA

    O luns día 13 de novembro iniciamos as actividades para a celebración da semana da ciencia no centro educativo. Este día dedicouse os xogos de enxeño e matemáticos. O alumnado do centro tivo que enfrontarse a diferentes retos nos que, ben sexa individual ou en equipo, tivo que resolver. 


lunes, 6 de noviembre de 2023

Tinción bacterias lácticas do iogur

 CELEBRACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO

    Como actividade do Día da Ciencia en Galego, o alumnado de 1º Bacharelato (Tania e Alicia) levaron a cabo unha actividade na que ensinaban o procedemento para a tinción e visualización das bacterias e fermentos presentes no iogur natural. Para proceder a tinción empregaron un colorante, o azul de metileno. O iogur é un derivado do leite que se obtén ao engadir fermentos (Lactobacillus bulgaricus e Streptecoccus thermophilus) que producen a degradación da lactosa e a súa transformación en ácido láctico. O primeiro proporciónalle un carácter ácido o iogur, mentres que, o segundo é o responsable da súa textura e aroma.

Unha vez que a mostra foi tinguida procedeuse a súa visualización no microscopio onde se puido distinguir as diferentes bacterias.


Día da Ciencia en Galego

 Durante unhas semanas, dende o club de ciencias se desenvolveran activades científicas nas que o alumnado achega o seu coñecemento científico o resto do centro educativo.