Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro de xogos de mesa reciclados.. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Obradoiro de xogos de mesa reciclados.. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de febrero de 2023

Xogos de mesa reciclados

 

O Club de Ciencia colaborou unha vez máis co Equipo da Biblioteca por unha boa causa: a organización dun obradoiro de xogos de mesa reciclados dirixido ao alumnado de 1º de ESO  para conmemorar o Día da Non Violencia e da Paz.

Deseñaron con chapas, tapóns de plástico, vellas camisetas e cartóns, taboleiros de xogos de tres en raia e das damas coas respectivas fichas; decoraron todo con motivos en defensa da Paz. Ao rematar puideron xogar unhas partidas en total harmonía. Durante os recreos foron moitos e moitas os/as que se apuntaron a botar unha partida.  Que mellor xeito de dar unha nova vida a eses materiais!