lunes, 25 de enero de 2021

 Recreos científicos

Xogos con dados e moedas para exercitar as matemáticas




 


 Recreos científicos

Xogos con mistos

Durante varios recreos no patio do centro realizáronse estes retos onde se propón mover ou retirar algún ou varios mistos dispostos dunha determinada forma para chegar a outra distinta. Martin Garden propuxo este tipo de xogos nos seus libros. Estamos pois empregando a xeometría e o razoamento.


 

Recreos científicos

Fumar mata

Explicación do aparello respiratorio utilzando unhas maquetas elaboradas polo propio alumnado e visualización dun video (botella fumadora) sobre as consecuencias do consumo do tábaco na saúde para os alumnos de 1 ESO.


 Recreos científicos

Extracción de ADN de mostras vexetais.

As alumnas de 1º de bacharelato, Iría e María, fixeron ante o alumnado de 1º da ESO unha demostración de extracción de ADN de mostras vexetais empregando materiais caseiros. Plátano, amorodos, auga, sal, alcohol, morteiro, funil e un vaso.... Non se precisa nada máis para visualizar a estrutura fibrilar do ADN


 

 

DISECCIÓN DE ÓRGANOS DO SISTEMA CARDIORRESPIRATORIO

Despois de profundizar nos coñecementos do sistema cardiorrespiratorio, o alumnado de Anatomía de 1º de Bacharelato realizou no laboratorio de ciencias a disección do corazón, da tráquea e dos pulmóns dun porco.


 

lunes, 18 de enero de 2021

 A seguridade está nos números

Empezamos coas medicións para facer unha estatística matemática sobre a correcta ventilación das aulas cun medidor de CO2.


 

viernes, 15 de enero de 2021

 

CONCURSO CON-CIENCIA

Convócase o Concurso Con-ciencia destinado a todo o alumnado do centro que consistirá en responder unha pregunta cada quince días sobre diferentes temática relacionadas coa Ciencia.

As cuestión estarán expostas no taboleiro da entrada e a resposta depositarase na urna que hai ao pé do taboleiro.

Nesta primeira quincena a temática das cuestións será sobre os mitos da alimentación. Correde e mirade cantas coñecedes e aquelas que non saibades investigade.

Animádevos a participar!



lunes, 11 de enero de 2021

Recreos científicos

Salvando a todos os porquiños 

Nesta experiencia emulamos unha actuación televisiva de David Copperfield e con mentalismo guiamos a todo o alumnado de 1º ESO a salvar aos tres porquiños das fauces do lobo feroz. Aparentemente sería imposible que todos e todas acabasen tomando as mesmas decisións pero só é unha manipulación por paridade que se explica ao alumnado ao final do número.