miércoles, 29 de marzo de 2023

A vida, o mellor agasallo

 DÍA NACIONAL DO TRANSPLANTE

Hoxe, Día Nacional do Transplante, dende a Coordinación Autonómica de Transplantes de Galicia do Servizo Galego de Saúde veu Fernando Mosteiro dar unha conferencia divulgativa sobre o tema a 4º ESO e a 1º FPB. Este alumnado, que ademais de recibir material divulgativo,  puido coñecer a resposta a moitas cuestións que se ían formulando sobre o tema: que tipo de doazóns pode haber, quen pode ser doador, como se fai un doador, que órganos e tecidos se poden doar, como se activa o protocolo de doazón e transplantes, como se salvan moitas vidas ….

A charla tiña como obxectivo primordial a sensibilización sobre a doazón e transplante de órganos e tecidos entre a mocidade.  Os coñecementos precisos na materia permitirá que os cidadáns poidan tomar unha decisión propia ao respecto e que serán transmisores informados no seu ámbito de influencia social académico e laboral. Aspecto este moi importante xa que hai unha alta taxa de negativas familiares á doazón. Desexamos que con esta actividade o Club de Ciencia contribúa un pouquiño a sensibilizar aos nosos rapazas e nosa rapazas sobre a saúde, a consecución de hábitos de vida saudables e a solidariedade.

Pódese ter acceso a toda a información relativa á doazón e aos trasplantes neste enlace https://www.sergas.es/Doazon-e-Transplantes?idioma=es


lunes, 27 de marzo de 2023

Artesanía con papiroflexia e epoxi

 

    Na reunión de hoxe o Club de Ciencias experimentou coa resina epoxi para facer pezas de artesanía. Primeiro colléronse flores silvestres de diferentes plantas e deixáronse secar. Unha vez as flores estaban secas, procedeuse a preparar a mestura da resina epoxi co endurecedor. Colocando as flores, colorantes e a propia resina nos moldes xa preparados puidéronse elaborar diferentes tipos de colgantes, aneis, chaveiros,… un pouco de imaxinación é o que se precisou para elaborar as diferentes pezas. Unha vez vertida a mestura no molde deixouse secar durante 24 horas para posteriormente desmoldar as pezas. No tempo restante o alumnado realizou cadanseu tulipán con papiroflexia.



 

Taboleiro Matemático. Xeometría imposible



 Este taboleiro está composto por fotografías realizadas por fotografías de ilusión ópticas e figuras imposibles realizadas con programa Geogebra.

martes, 21 de marzo de 2023

Aprendendo a distinguir árbores. DígochoEu

 

    Xa podemos ver e gozar o vídeo realizado polo alumnado de 2º FP Básica do IES Maximino Romero de Lema que será candidato a un dos premios do concurso #DígochoEu 2022-2023.  Os premiados serán comunicados nunha gala que se celebrará o próximo día 16 de maio en Santiago.

 

viernes, 17 de marzo de 2023

Joana Magalhaes, un referente feminino en Ciencia

 

Joana Magalhaes, un referente feminino en Ciencia

                                                Hoxe a científica e divulgadora do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, Joana Magalhaes, deu unha charla ao alumnado de 4º ESO e parte do de 1º e 2º de Bacharelato co obxectivo de fomentar as vocacións científico tecnolóxicas entre as rapazas do noso Centro.

A bióloga, investigadora e activista do feminino na ciencia falounos dende a propia experiencia, dos proxectos de investigación dos que formou parte, como o que compartiu co reumatólogo ceense Francisco Blanco ou o que impulsou en Vigo do proveitamento de materiais mariños; enumerou os proxectos de comunicación que realizou para achegar os avances científicos á sociedade (De maior quero ser científica, Un minuto de bioquímica...) e, finalmente sinalou algunhas entidades coas que colaborou como a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, a Real Academia Galega ou Radio Voz entre outras.

Toda esas experiencias permitíronlle viaxar, aprender moitos idiomas, compartir experiencias con colegas doutras nacionalidades...,pero tamén lle permitiron comprobar como segue existindo a discriminación de xénero no ámbito da ciencia -ela mesma o sufriu- e o teito de cristal para as mulleres. Puxo como exemplo a biomedicina na que hai moitas mulleres traballando, mais a súa presenza en cargos de responsabilidade é moi escasa.

             Esta charla, que pon o peche as actividades arredor do 8M no noso Centro, enmárcase no programa educativo STEM que impulsan Prensa Escuela da Voz de Galicia e a empresa Viaqua, para achegar mulleres inspiradoras aos estudantes que lles sirvan de  referentes femininos e próximos no ámbito STEM.


 

 

viernes, 10 de marzo de 2023

As árbores do noso xardín no DígocheEu

 

Dígocho Eu, o espazo de moda da TVG, achegouse hoxe o pasado hoxe venres, 10 de marzo, ao noso instituto. Aquí estiveron  Carlos Amado, creador do proxecto e principal promotor del, e Esther Estévez, a presentadora do programa, recentemente galardoada co Premio Mestre Mateo á mellor comunicadora.

 O motivo da visita foi a gravación dun vídeo para o programa, a partir dunha idea enviada para participar no concurso #DígochoEu 2022-2023.  No vídeo acompañan á recoñecida presentadora, o alumnado do segundo curso de FP Básica que tiña que ir recoñecendo as árbores que temos no noso xardín.

O vídeo gravado nesta xornada será candidato a un dos premios do concurso #DígochoEu 2022-2023, que serán comunicados nunha gala o próximo día 16 de maio.  Pero independentemente de que saia premiado ou non, o noso maior premio foi coñecer a estes dous grandísimos profesionais, ter a oportunidade de escoitalos e velos en persoa, de gravar da man deles e de gozar da súa cercanía, sinxeleza e compromiso coa nosa lingua… Dígocho Eu !

viernes, 3 de marzo de 2023

Aprendizaxe cooperativa: diseccións

 

A titoría entre iguais é unha parte fundamental da aprendizaxe cooperativa. Nesta ocasión, as alumnas de primeiro de Bacharelato Andrea, Ainara e Marina aproveitaron os coñecementos adquiridos no Club de Ciencias do curso 2022/2023 para ensinarlle aos compañeiros/as de 1º de FPB como diseccionar e analizar as estruturas dos corazóns e os riles. Sen ningunha dúbida, esta experiencia foi tremendamente enriquecedora tanto para elas coma para Omar, Kevin, Mar, Sheila e Fabián.