Mostrando entradas con la etiqueta Recreos científicos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recreos científicos. Mostrar todas las entradas

miércoles, 14 de junio de 2023

Recreos científicos

             Unha forma de promocionar o Club de Ciencias é continuar nos recreos con actividades que se realizan nas xuntanzas dos luns. Por este motivo durante varios recreos do último mes integrantes do Club continuaron traballando coa resina para amosarlles ao resto do alumnado o divertido á vez que pedagóxico é pertencer ao Club de Ciencias!

lunes, 16 de noviembre de 2020

Recreos científicos

Combater o Coronavirus con moitos ovos

     Como o xel hidroalcohólico inactiva o Coronavirus? A través da desnaturalización da clara de ovo mesturándoa con xel hidroalcohólico obsérvase o efecto deste sobre as proteínas que serven de “chave” para que o virus penetre nas nosas células.




martes, 3 de noviembre de 2020

RECREOS CIENTÍFICOS

        Con moita ilusión estamos iniciando o Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema. Unha das actividades que realizaremos será os Recreos Científicos que consistirá en amosar pequenos experimentos durante o recreo a todo o alumnado que queira achegarse. Velaquí tendes un cartel que elaboramos para informar e Jose, Antía e Fiorela tamén fixeron propaganda no encerado que temos na entrada.