lunes, 31 de octubre de 2022

Un Samaín cheo de xogos matemáticos

Aproveitamos a celebración do Samaín para exercitar a nosa mente matematicamente a través da papiroflexia e doutros xogos matemáticos.


viernes, 28 de octubre de 2022

O noso Centro forma parte da GeneraciónECO a través do Club de Ciencia!

 Este curso escolar o noso Centro participará do Proxecto Educativo “GeneraciónECO” de Ecovidrio.  E que significa isto? Pois que dende o Club de Ciencia seguiremos traballando para conseguir un mundo máis sostible involucrando o alumnado, profesorado e , incluso, as familias. Afrontaremos cada un dos retos sostibles que cada mes se lanzará desde Ecovidrio, unha entidade a nivel estatal sen ánimo de lucro e avalada pola Xunta de Galicia. Estes retos son de sensibilización e de redución real do impacto da pegada hídrica e de carbono. Nós intentaremos superalos positivamente porque estamos comprometidos/as co medio ambiente e, sobre todo, porque estamos convencidos de que son as pequenas accións as que cambian o mundo.

No vídeo de arriba tendes información sobre o vidro e o se proceso de reciclaxe. Aquí embaixo deixámosvos os pasos a seguir para completar os distintos retos. Animamos a toda a Comunidade Educativa a participar nos mesmos.


miércoles, 26 de octubre de 2022

Un taller de ilusións ópticas polo Samaín

O club de Ciencias celebra o Samaín cun taller de ilusións ópticas

Durante o recreo de hoxe o Club de Ciencias impartiu a quen quixo achegarse á biblioteca un taller de ilusións ópticas que tivo como consecuencia que varias pantasmas non deixasen de observarnos durante toda a semana mentres liamos. Que medo!!!

Pero non vos preocupedes.... en realidade é unha ilusión capaz de enganar o noso cerebro usando como medio a percepción virtual: ao miralo desde distintos ángulos dá a impresión mediante un efecto óptico de que te segue coa mirada. Así que lembrade: as pantasmas non nos observan....ou si???


viernes, 7 de octubre de 2022

PROXECTO ESTATÍSTICO


    Durante o presente curso estamos a facer dous proxectos estatísticos relacionados coa xerminación de semente. No primeiro, faremos xerminar lentellas e millo e iremos tomamos datos para analizar o resultado estatisticamente.