Mostrando entradas con la etiqueta Planetario. Astronomía. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Planetario. Astronomía. Mostrar todas las entradas

miércoles, 18 de mayo de 2022

 

NAVEGANDO POLO UNIVERSO

         Outra das actividade de gran éxito neste primeiro día da Semana Cultural foi a proposta dende o Club de Ciencia que consistiu nunha viaxe polo espazo interestelar e dirixida por Íñigo de la Quadra-Salcedo da que puido gozar o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO grazas a un planetario móbil de última xeración  en cuxa bóveda de 5 metros de diámetro se proxectaban secuencias dinámicas do Universo.

        A bordo dunha nave espacial o alumnado viaxou polo Universo, a Vía Láctea e o Sistema Solar. Coñeceu diversos aspectos relacionados coa astronomía e o coñecemento do Universo desde a definición e historia da astronomía, os movementos planetarios, o cambio de estación, a variación entre o día e a noite, as fases lunares, eclipses, etc. Ata tiveron a oportunidade de “pisar” a Lúa cos seus enormes cráteres e que case os “esmaga”

              Unha viaxe inesquecible que quedará gravada por moito tempo nas retinas dos nosos rapaces e rapazas!