lunes, 31 de enero de 2022

 

TALLER DE RECICLAXE DE PAPEL DE PERIÓDICO

              Hoxe tivemos unha nova reunión do Club de Ciencia na que realizamos un taller de reciclaxe de papel de periódico. Antes de empezar lembramos os 3 R: Reducir, reutilizar e reciclar, tres conceptos moi importantes para coidar a nosa contorna, e a continuación puxémonos mans á obra!

             Con antelación xa puxeramos a remollo anacos de papel durante 24 horas co obxectivo de ter a formada a polpa de papel coa que teriamos que traballar. Empezamos, pois, botándolle unha cantidade adecuada de auga e triturándoa co batedor.  A continuación coa axuda dunha criba recollemos unha capa da polpa, démoslle forma cun rodete e colocouse sobre pano para o seu secado. 

        Teremos que esperar a que estea a punto, pero xa lle estamos dando voltas á cabeza para darlle un uso orixinal ao noso papel reciclado.

          

miércoles, 12 de enero de 2022

 

COMEZAMOS O CONCURSO PILABOT!

              Queremos protexer o medio ambiente e, ademais gañar premios por iso? Pois, veña a recoller todas as pilas usadas que poidades! Hoxe comeza o concurso no que imos participar durante seis semanas lectivas. Segundo vaiades enchendo o colector que se vos entregou, entregádeos no Club de Ciencia.

              Axuda ao noso centro a gañar un dos catro premios do Concurso Pilabot que pode ascender a 2500 para mercar material escolar, deportivo ou para a realización de actividades educativas.

A gañar por un planeta mellor conservado!

lunes, 10 de enero de 2022

 As 3 R: REDUCIR, REUTILIZAR E RECICLAR


        Neste vídeo de Los Colorados explica a ritmo de rock a idea que dende o Club repetimos constantemente: o coidado do medio ambiente comeza nos fogares! Cambiando pequenos hábitos podemos contribuír a diminuír a degradación do noso planeta. No vídeo insístese na Regra das Tres Erres e pretende estimularnos para participar no coidado da nosa contorna mediante a redución dos produtos consumidos; a reutilización dos obxectos co mesmo fin ou con outro para evitar que se converta en lixo; e a reciclaxe que consiste en fabricar novos produtos e materiais usados, mediante un proceso de transformación.

Nunca nos cansaremos de repetilo para ver se entre todos e todas conseguimos un mundo con menos contaminación.

Regla 3 Erres