Mostrando entradas con la etiqueta Robótica. Obradoiro. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Robótica. Obradoiro. Mostrar todas las entradas

martes, 14 de mayo de 2024

OBRADORIO DE ROBÓTICA

 XOGOS COA MAKEY-MAKEY

 

O martes, 14 de maio, o alumnado de 2º ESO participou nun obradoiro de robótica desenvolvido por MAKER STORE. As ponentes, Flor e Cati, ensinaron o alumnado a realizar xogos mediante o uso da placa Makey-Makey, unha placa electrónica, similar ao mando dunha videoconsola, que permite unir obxectos cotiáns creando paneis táctiles (enviando ordes ao ordenador ao que se atope conectado).

Para o deseño do xogo -a creación dun xogo de canastra-  empregaron  vasos de cartón, cartón, papeis de cores e papel de alumnino xunto coa súa creatividade e orixinalidade. Crearon un circuíto eléctrico no que a placa actuaría pechando ese circuíto e enviando ordes. Con scratch programaron os xogos creando animacións, música, contando a puntuación das canastras …. Non cabe outra que felicitar os e as participantes polos seus deseños!

Eles e elas gozaron e asemade aprenderon robótica nunha actividade lúdica e divertida.

 

sábado, 22 de mayo de 2021

 

OBRADOIRO DE ROBÓTICA IMPARTIDO

 POLO ALUMNADO DE INICIACIÓN Á PROGRAMACIÓN DE 2ºESO

Outra actividade do club desenvolvida durante Semana Cultural foi un obradoiro de robótica que impartiu o alumnado de 2º da ESO de Iniciación á programaciónca ao resto de compañeiros/as . Cada alumno fixo de monitor dun/dunha compañeiro/a d. Para iso utilizáronse uns robots móbiles programables cunha tarxeta Arduino UNO construídos polo alumnado de 4ºESO.

O obradoiro consistiu en programar o robot móbil para que seguise uns percorridos determinados en forma de figuras xeométricas. Para programalos utilizouse unha contorna de programación baseada en  Scratch chamada mBlock, e unha extensión propia creada no noso centro chamada Movebot cos seguintes bloques.


    O obradoiro foi un éxito e gustou moito, e os monitores fixérono realmente ben!! Velaquí podedes ver unhas imaxes dun dos robots