lunes, 27 de febrero de 2023

Taller de reciclaxe

CONSTRUCIÓN DUN COCHE PROPULSADO POR AIRE

A segunda actividade de hoxe no club foi a construción dun coche propulsado por aire. Unhas das leis de Newton é a de acción-reacción que explica que as forzas atópanse parellas. Utilizando materiais de refugallo como: cartóns, tapóns, … elaborouse un prototipo. Unha vez rematado puidemos probar o seu funcionamento, a través do aire que expulsa o globo prodúcese o movemento do noso vehículo.


Experimento antigravidade

 

EXPERIMENTO ANTIGRAVIDADE

Na sesión de hoxe do Club de Ciencias primeiro visualizouse un vídeo no que aparecía un dobre cono no que semellaba que non se cumpría a lei de Newton e, a continuación propúxose aos membros do club a súa comprobación. Para constatar o fenómeno elaborouse unha rampla sobre a que se fixo deslizar cara abaixo diferentes materiais. Unha vez comprobada a mesma, uníronse dous funís e deixáronse no fondo da rampla e o dobre cono empezou a ascender por ela. Explicouse o concepto do centro de masas e por que o dobre cono si que cumpre a lei de Newton aínda que aparentemente non o pareza.


lunes, 13 de febrero de 2023

Reacción química

 O Entroido xa chegou e tamén se reflictiu na reunión de hoxe do Club de Ciencia na que xunto a un reto científico levouse a cabo unha demostración na que mediante reaccións químicas podíase apreciar cambio de cor dunha disolución. Este tipo de experiencias axuda a incentivar o interese do alumnado cara á Ciencia.