Mostrando entradas con la etiqueta Taller de reciclaxe tecnolóxico. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Taller de reciclaxe tecnolóxico. Mostrar todas las entradas

lunes, 4 de abril de 2022

 

TALLER DE RECICLAXE TECNOLÓXICO

                                                            2ª PARTE

  Na segunda parte deste obradoiro o alumnado seguiu retirando pezas dos teclados a reciclar: teclas, procesadores, circuitos... Posteriormente procedeuse a reutilizar estas pezas para elaborar chaveiros, aneis, colgantes, pendentes, broches... 

Con moita creatividade e orixinalidade os membros do Club  deseñaron diferentes e orixinais xoias de uso persoal.


domingo, 27 de marzo de 2022

 

TALLER DE RECICLAXE TECNOLÓXICO

1ª PARTE

              Na actividade deste luns o alumnado de 2º FPB levou a cabo un interesante taller de reciclaxe tecnolóxico para o noso alumnado do Club de Ciencias. 

    Nesta primeira parte partiron dun teclado estragado e procedeuse a retirar as diferentes pezas polas que está formado. Retírouse a membrana do teclado coa que elaborará un caderno para poder tomar as notas dos nosos descubrimentos. Para iso tivemos que recortar tanto membrana como a cartolino do mesmo tamaño.

    Velaquí tendes algunhas fotos desta actividade que afianza un dos eixes principais que desenvolvemos durante este curso no do Club, a da reciclaxe!