jueves, 11 de febrero de 2021

CONCURSO PASAPALABRA DA CIENCIA EN FEMININO 

                  PASAPALABRA DA CIENCIA EN FEMININO

Con motivo do Día Internacional da  Muller e da Nena na Ciencia presentamos un novo concurso que elaborou o Club de Ciencias en colaboración co Equipo da Biblioteca do noso instituto.

Xoga con nós no Pasapalabra científico!

Animádevos a participar que o premio será a invitación a unha boa merenda na cafetería do noso centro!


 

 

 

 

 

 

Día Internacional de la Mujer y la Niña en la Ciencia

lunes, 8 de febrero de 2021

 

Recreos científicos

Reacción da acetona co polispan e coa auga

Cunha prancha de polispan faranse diferentes figuras relacionadas co entroido. observaremos que sucede se se poñen en contacto estas substancias coa auga e coa acetona. Cal será o resultado desta mestura?

 


 

domingo, 7 de febrero de 2021

 

                 CONTINUAMOS COA PLANTACIÓN DE ÁRBORES AUTÓCTONAS
 
    Este curso continuamos coa plantación de árbores na leira que nos cedeu unha familia da localidade. O ano pasado creamos o noso Bosque das Letras e da Música coa plantación de 25 castiñeiros para conmemorar así o 25 aniversario do centro.
    O venres pasado co alumnado de 2ªESO, repuxemos os castiñeiros que morreran e plantamos cerdeiras,  nogueiras e avelairas. O obxectivo deste proxecto é que o alumnado deste curso plante, adopte e faga o seguimento da súa árbore, observando os cambios nas diferentes estacións e coidando deles o tempo que estén no centro.
    Cando no futuro pasen por diante do centro, seguro que se sentirán orgullosos de ter contribuido a crear un ambiente favorable para as especies autóctonas.
 
“O home pon pedra sobre pedra e fai un castelo, sementa na terra e fai un bosque. Que cada un escolla o que queira, pero o bosque máis pequeno sempre será maior que o castelo máis grande, aínda que non teña máis historia que a das súas árbores”.
                                                                                                                                          José Saramago