miércoles, 21 de junio de 2023
Coñecendo as árbores do noso bosque
lunes, 19 de junio de 2023
Clausura e entrega de diplomas
Hoxe 19 de xuño despedimos o curso académico no Club de Ciencia compartindo unha merenda no recreo e facendo entrega dos Diplomas de Aproveitamento do Club de Ciencias a todo o alumnado que participou activamente no mesmo. Foron as profesoras Begoña e Luchy as encargadas de darlles o título que encheu de satisfacción aos e ás participantes que durante moitos luns se reuniron para aprender e desenvolver Ciencia.
Parabéns a todos e todas e esperamos que no novo curso escolar se unan máis membros!
viernes, 16 de junio de 2023
CIQUS. Museo de Historia Natural
Unha xornada moi amena e didáctica que todos e todas gozaron.
miércoles, 14 de junio de 2023
Recreos científicos
lunes, 12 de junio de 2023
Taller de imaxes 3D
Taboleiro Matemático. Anaglifos
Despedimos o taboleiro matemático con anaglifos: imaxes de dúas dimensións capaces de provocar un efecto tridimensional cando se ven con lentes especiais (lentes de cor diferente para cada ollo). Baséase no fenómeno da visión binocular e foi patentado por Louis Ducos du Hauron no 1891. As imaxes de anagrifo compóñense de dúas capas de cor superimpostas pero movidas lixeiramente unha con respecto á outra para producir o efecto de profundidade. Usualmente, o obxecto principal está no centro, mentres que a de arredor e o fondo están movidos lateralmente en direccións opostas. A imaxe contén dúas imaxes filtradas por color, unha para cada ollo. Cando se ve a través das gafas anaglifo, revelarase unha imaxe tridimensional. A corteza visual do cerebro fusiona isto dentro da percepción dunha escena con profundidade.
viernes, 2 de junio de 2023
Proxecto Maximeter
Unha edición máis participamos nas xornadas educativas da Maker Faire Galicia, celebradas na Cidade da Cultura (Santiago) hoxe pola mañá. En representación do centro acudiu alumnado de 1º curso do ciclo medio de Sistemas Microinformáticos e Redes, acompañados polo profesorado Marta Diz, Fina Paulos e Óscar Rey. O alumnado encargouse de explicar o proxecto aos asistentes. Un traballo fantástico, parabéns para Marcos Castro, Daniel Dopazo, Adrián Negreira e Cristina Rial.
Seguimos traballando en proxectos
de utilidade na nosa vida cotiá, no eido persoal e laboral.
Nesta edición presentamos o proxecto Maximeter, un sistema centralizado para a
medición de condicións climáticas nun espazo físico, por
exemplo un invernadoiro. O proxecto conta cunha aplicación
web onde poder consultar en tempo real as condicións
atmosféricas, así como as medicións históricas.
O dispositivo presentado xa ten destinatario, o Centro de Formación y Experimentación Agraria de Monforte de Lemos. No vindeiro curso, acudiremos co alumando a coñecer o centro e deixar instalado o Maximeter para que poidan controlar a temperatura, humidade e presión atmosférica no seu invernadoiro.
O proxecto desenvólvese dentro do Club de Ciencia, encaixa dentro das liñas de traballo do centro para potenciar as capacidades STEM do noso alumnado.
O proxecto tivo boa acollida, hai máis centros interesados en contar cun Maximeter ;).
Somos makers!