Dragón de Gadner
O Dragón de Gardner é unha ilusión óptica creada polo ilusionista estadounidense Jerry Andrus. Trátase dunha ilusión capaz de enganar o noso cerebro usando como medio a percepción virtual: ao miralo dende distinto ángulos dá a impresión mediante un efecto óptico de que te segue coa mirada.
No Club de Ciencias elaboramos estas catro figuras que tivemos expostas no corredor para que non deixaran de observarnos.




