miércoles, 17 de junio de 2026

VISITA A FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA DE MEDICINA XENÓMICA

 


Hoxe, 17 de xuño, o Club de Ciencia organizou para o alumnado de 1º Bacharelato pertencente a materia de bioloxía unha visita o laboratorio pertencente a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica. Nestes laboratorios encárganse das probas xenómicas e investigación biomédica. Nun dos laboratorios que se puido visitar, observaron como se preparan as mostras antes de proceder o seu análise. Explicoulles como conseguen amplificar o ADN das mostras mediante o uso de equipos chamados termocicladores para a súa posterior secuenciación (identificación dos nucleotidos da molécula de ADN). Tamén puideron observar, a través dun microscopio, os cromosomas para identificar posibles anomalías. Todo isto sirve para detectar alteracións no ADN e diagnosticar posibles enfermidades como nas análises prenatais.



lunes, 15 de junio de 2026

RETOS CIENTÍFICOS

 

Hoxe, luns 15 de xuño, o alumnado de 3º e 4º ESO enfrontouse nun reto científico. Unha das actividades que tiñan que superar foi un trivial no que as preguntas que permitían alcanzar as ficha de cores correspondían a temas de: actividade científica, a materia, os cambios químicos, a enerxía e os movemento e as forzas. Unha vez que se formaron as parellas entre o alumnado empezou o xogo. O mesmo tempo que este alumnado se enfrontaba o trivial, unha parte do alumnado de 4º ESO e FPB traballaron cóbado con cóbado para resolver os retos que lles permitisen descubrir o código segredo que lles permitise escapar do laboratorio no que se encontraban pechados. Un “scape room” moi especial. Ambas actividades foron superadas de xeito destacado polo alumnado.
Estas actividades son moi motivadores para o alumnado. Os gañadores dos retos tiveron un premio polo seu bo traballo realizado.


Nas imaxes pódense ver as actividades e os gañadores das actividades.






viernes, 5 de junio de 2026

Clausura e entrega de diplomas do Club de Ciencia

 


Hoxe, 5 de xuño, despedimos o curso académico no Club de Ciencia 2025-2026 compartindo unha merenda no recreo e facendo entrega dos diplomas da 6º edición do Club de Ciencias a todo o alumnado que participou activamente no mesmo. Foi a profesora Cecilia a encargada de darlles o título que encheu de satisfacción aos e ás participantes que durante moitos luns se reuniron para aprender e desenvolver Ciencia. Este curso tamén se lles entregou un marcapáxinas de elaboración propia coa impresora 3D a todo o alumnado que participou nas reunións.

Parabéns a todos e todas e esperamos que no novo curso escolar se unan máis membros!




lunes, 1 de junio de 2026

Última Reunión Club Ciencias elaboración dun boneco de RCP

 ELABORACIÓN DUN BONECO DE RCP CON MATERIAIS DE REFUGALLO

O alumnado do Club de Ciencia, participou nun obradoiro no que tiñan que elaborar un boneco de RCP empregando materias cotiás coma botellas de plástico, cartón e cinta de carrocero. Antes de comenzar coa actividade, puideron ver un vídeo sobre o proceso de elaboración e funcionamento do boneco e a importancia de coñecer certas maniobras de reanimación. É importante saber aplicar os primeiros auxilios para o noso día a día.
















jueves, 28 de mayo de 2026

Proxecto do ciclo vital dos vermes de seda

 Un dos proxectos que se levaron a cabo no Club de Ciencia o curso pasado, foi o estudo do ciclo vital dos vermes de seda. O verme de seda é a larva ou eiruga da avelaíña (ou bolboreta) da seda doméstica, cuxo nome científico é Bombyx mori.

O seu ciclo vital divídese nas seguintes fases:

  • Ovos: permanecen en estado latente ata que as condicións ambientais son propicias para o seu desenvolvemento..

  • Larva: os ovos eclosionan e sae unha larva que mudará a pel catro veces a medida que aumenta o seu tamaño ata chegar á fase adulta que lle permita realizar o casulo de seda.

  • Crisálida ou pupa: no interior do casulo seguirá medrando e mudando ata que sufra a metamorfose e se transforme nun animal adulto (bolboreta).

  • Adulto: ao saír do casulo buscará parella para copular e poñer ovos que darán lugar a seguinte xeración.

Este curso retomas o noso proxecto empregando os ovos que tiñamos gardados do curso anterior nunha caixa as escuras, podremos observas as diferentes fases ata chegar a formación da crisálida, e saída do casulo da bolboreta.

Este estudo levarase a cabo tanto na aula como na casa, xa que levaran algunhas larvas para proceder o seu coidado e observar a evolución de primeira mán.












lunes, 25 de mayo de 2026

TABOLEIROS MATEMÁTICOS


 O taboleiro matemático é un medio divulgativo das matemáticas. Trátase de contextualizar esta disciplina segundo as diferentes épocas do curso. Os temas tratados foron:

  • Arte e matemáticas.

  • Samaín: origami e ilusións ópticas.

  • Nadal: matemáticas con papel.

  • Ilusións ópticas: unha nova perspectiva.

  • En torno ao Día Pi.

  • Flores matemáticas: a beleza das funcións.












viernes, 22 de mayo de 2026

COLOCACIÓN DA CASIÑA DE PAXAROS INTELIXENTE NO EXTERIOR


O Club de Ciencias, unha vez rematada a instalación dos equipos necesarios na casiña de paxaros, levou a cabo unha actividade de colocación da casiña no exterior para observar se se producía a aniñación dalgún paxaro. Entre as posibles localizacións, deciciuse colocar cara o nacente e a unha altura que rolda os 2 metros para evitar o ataque de depredadores.

Nas imaxes que figuran a continuación pódense observar o resultado dos pasos seguidos polo alumnado nas reunións do Club de Ciencia. 

O alumnado amosouse entusiamado ante a perspectiva de ver algún paxaro formar o seu niño na casiña e de telo no Centro.