lunes, 30 de noviembre de 2020

Recreos científicos

 Matemaxia

As tarxetas numéricas están baseadas na descomposición polinómica binaria. O xogo de eliminar o naipe escollido elimina:
-Dous terzos de 21 (14) no primeiro movemento.
-4 de sete no segundo movemento.
-2 de 3 no terceiro.
Ademais, coloca a carta na undécima posición.

O NOSO CLUB DE CIENCIAS ANÚNCIASE NO XORNAL!


 

Recreos científicos

Holografía

      Creamos un holograma caseiro cunha pirámide truncada e un dispositivo móbil para reproducir un vídeo.

A holografía é unha técnica de fotografía que consiste en crear imaxes tridimensionais basedas no emprego da luz. Aínda que estas imaxes resulten sorprendentes, non son hologramas. A imaxe que estamos vendo non se forma pola superposición das catro imaxes do vídeo, trátase simplemente do fenómeno da reflexión.


 

CONCURSO SOBRE MITOS DA ALIMENTACIÓN

Dende o Departamento de Educación Física convocouse un Concurso para o alumnado de 1º de Bacharelato en formato Kahoot, sobre crenzas da alimentación desmentidas pola ciencia.

Colaboraron dúas alumnas Rania e Lucía Varela, explicando en maior profundidade as respostas correctas.

Podedes probar a realizar o concurso na plataforma Kahoot a través do seguinte enlace 

https://create.kahoot.it/share/mitos-da-alimentacion/a50fb95c-5adb-40bd-ac0e-5c113efc59be


 

 

 


lunes, 16 de noviembre de 2020

Recreos científicos
 Como apagar unha vela sen soprar?

 A reacción entre o bicarbonato e o vinagre produce dióxido de carbono gasoso. Este gas é máis denso que o osíxeno polo que desprázao e apaga a vela que sen osíxeno non pode arder.


Recreos científicos

Combater o Coronavirus con moitos ovos

     Como o xel hidroalcohólico inactiva o Coronavirus? A través da desnaturalización da clara de ovo mesturándoa con xel hidroalcohólico obsérvase o efecto deste sobre as proteínas que serven de “chave” para que o virus penetre nas nosas células.




Recreos científicos

Ilusións ópticas

Que ves primeiro?

Algo tan lúdico como é a arte pode esconder algo de interese matemático. Mediante a disposición xeométrica pódese enganar o sistema visual, dende o ollo ao cerebro, e lévao a percibir as cousas de forma distorsionada. este pode facer que se perciba algo que non está presente, dando unha imaxe deformada da realidade.


Recreos científicos

A MAXIA DAS MATEMÁTICAS

    Luchi, profesora de matemáticas, sorprende aos alumnos do centro con números e enredos máxicos.



Recreos científicos

ARDE O PAPEL?

    Queres que un billete non arda? Pois móllao nunha disolución hodroalcohólica e listo. Así, ao prender o billete, primeiro arderá a capa externa de alcohol e ao consumirse de arder, queda o billete intacto.



miércoles, 4 de noviembre de 2020

Día da Ciencia en Galego

                Hoxe, xoves 4 de novembro, para celebrar o Dia da Ciencia en Galego invitamos a Estíbaliz Espinosa: muller, galega, escritora, filóloga, tradutora, socióloga, divulgadora científica...

        Reflexionamos sobre a conxunción de poesía e ciencia. En palabras da nosa invitada: A poesía ten moito que ver coa ciencia; ambas nacen da necesidade de explicar o noso mundo, os nosos sentimentos, o lugar no que nos atopamos.

       Sete constelacións que xa non son invisibles, así introduciu a autora a un grupo de científicas silenciadas no seu tempo por facer ciencia nun mundo masculino. Entre estas mulleres destacan a poetisa e astrónoma Wang Zhenyi, Jocely Bell Burnell, Caroline Herschel ou a galega Antonia Ferrín Moreira, autora da primeira tese en astronomía defendida por unha muller en España.

        Estíbaliz Espinosa defendeu ante o alumnado a necesidade dunha divulgación científica en galego que nos axude a non perder nunca a curiosidade e evitar caer nas redes das pseudociencias, tan estendidas nos nosos días. Rematou a súa intervención  animándonos a manter o compromiso co mundo e as ganas de cambiar o que non nos gusta nel.




martes, 3 de noviembre de 2020

RECREOS CIENTÍFICOS

        Con moita ilusión estamos iniciando o Club de Ciencias do IES Maximino Romero de Lema. Unha das actividades que realizaremos será os Recreos Científicos que consistirá en amosar pequenos experimentos durante o recreo a todo o alumnado que queira achegarse. Velaquí tendes un cartel que elaboramos para informar e Jose, Antía e Fiorela tamén fixeron propaganda no encerado que temos na entrada.