lunes, 30 de octubre de 2023

Molécula de auga con deseño e impresión 3D

 

O alumando de 3º ESO participou nunha actividade deseño e impresión 3d. A actividade que consiste en facer un deseño 3D dunha molécula de auga. O software utilizado para o deseño é 123D Desing (gratuito).

Para elo, o alumnado deseñou dúas esferas, a maior para o átomo de osíxeno e a menor para o hidróxeno. Tamén deseñaron os dous enlaces con forma de cilindro. Os enlaces encaixan a presión nas esferas para poder montar a molécula.

Durante a sesión imprimiuse unha molécula como mostra. Posteriormente iranse imprimindo as feitas polo alumnado.


Origami Halloween

 O CLUB DE CIENCIAS CELEBRA O DÍA DE HALLOWEEN

O alumnado de 3º ESO que pertence o club de ciencias nesta primeira reunión con gallo das vésperas do día 31 de outubro realizaron unha actividade con origami. O alumnado elaborou figuras de cabazas, vampiros,… que despois levaron para a súa casa para decorar.




Inauguración Club de Ciencia Baiociencia

 

BENVIDA AOS MEMBROS DO CLUB DE CIENCIAS DO CURSO 2023-2024

 

O luns celebramos a inauguración do Club de Ciencia Baiociencia do IES Maximino Romero de Lema. Nesta reunión gozamos dunha pequena festa na que se puido facer unha primeira toma de contacto para coñecermos todos os membros do club. Ao tempo que degustabamos uns pinchos, falabamos dos novos proxectos científicos a realizar durante este curso.


Slime

 

Na reunión do club de ciencias deste luns o alumnado do club de ciencias de 1º e 4º da ESO elaborou un slime coa axuda das monitoras do grupo de 2º Bacharelato. O slime é semellante a plastilina viscosa e mol que ten unha alta resistencia e que se pode estirar sen romper. Serve para axudar a motricidade e tamén como desestresante. Cuns ingredientes que se poden atopar en calquera fogar (bicarbonato de sodio, líquido de lentillas e cola branca) puidemos facer o noso slime caseiro. Engadímoslle un colorante fluorescente e outro termocrómico.

É moi interesante ver a súa fluorescencia cunha lámpada UV, e co colorante termocrómico puidemos observar como cambia de cor ao cambiar a súa temperatura.


viernes, 27 de octubre de 2023

Taboleiro terrorífico

 O alumnado de 4º ESO participou nunha actividade que consiste en montar este taboleiro con elementos terroríficos relacionando este elementos coas matemáticas. 




 

miércoles, 25 de octubre de 2023

Alumnado de 1º e 2º ESO incubará ovos da Galiña de Mos

 

    O Club de Ciencia do IES Maximino Romero desenvolve, en colaboración coa Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, un proxecto de educación avícola. O alumnado de 1º e 2º ESO poderá observar no laboratorio de Química o ciclo de incubación e o nacemento de poliños.

      Hoxe pola mañá comezaron o proxecto coa charla do veterinario Diego Rois que lles explicou as características dos ovos e o mecanismo de incubación con controis de temperatura e humidade.

    Unha vez que nazan os pitiños -aos 21 días- volverá Diego Rois para indicarlles os pasos a seguir para mantelos con vida, e que complementará cunha charla divulgativa sobre a recuperación, conservación e fomento da raza autóctona Galiña de Mos, actualmente un produto delicattesen nas tendas. 

    O alumnado amosouse entusiasmado ante a perpectiva de ver nacer os poliños e de telos no Centro.