miércoles, 4 de noviembre de 2020

Día da Ciencia en Galego

                Hoxe, xoves 4 de novembro, para celebrar o Dia da Ciencia en Galego invitamos a Estíbaliz Espinosa: muller, galega, escritora, filóloga, tradutora, socióloga, divulgadora científica...

        Reflexionamos sobre a conxunción de poesía e ciencia. En palabras da nosa invitada: A poesía ten moito que ver coa ciencia; ambas nacen da necesidade de explicar o noso mundo, os nosos sentimentos, o lugar no que nos atopamos.

       Sete constelacións que xa non son invisibles, así introduciu a autora a un grupo de científicas silenciadas no seu tempo por facer ciencia nun mundo masculino. Entre estas mulleres destacan a poetisa e astrónoma Wang Zhenyi, Jocely Bell Burnell, Caroline Herschel ou a galega Antonia Ferrín Moreira, autora da primeira tese en astronomía defendida por unha muller en España.

        Estíbaliz Espinosa defendeu ante o alumnado a necesidade dunha divulgación científica en galego que nos axude a non perder nunca a curiosidade e evitar caer nas redes das pseudociencias, tan estendidas nos nosos días. Rematou a súa intervención  animándonos a manter o compromiso co mundo e as ganas de cambiar o que non nos gusta nel.




No hay comentarios:

Publicar un comentario