Joana Magalhaes, un referente feminino en Ciencia
Hoxe a científica e divulgadora do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña, Joana Magalhaes, deu unha charla ao alumnado de 4º ESO e parte do de 1º e 2º de Bacharelato co obxectivo de fomentar as vocacións científico tecnolóxicas entre as rapazas do noso Centro.
A bióloga, investigadora e activista do feminino na ciencia falounos dende a propia experiencia, dos proxectos de investigación dos que formou parte, como o que compartiu co reumatólogo ceense Francisco Blanco ou o que impulsou en Vigo do proveitamento de materiais mariños; enumerou os proxectos de comunicación que realizou para achegar os avances científicos á sociedade (De maior quero ser científica, Un minuto de bioquímica...) e, finalmente sinalou algunhas entidades coas que colaborou como a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas, a Real Academia Galega ou Radio Voz entre outras.
Toda esas experiencias permitíronlle viaxar, aprender moitos idiomas, compartir experiencias con colegas doutras nacionalidades...,pero tamén lle permitiron comprobar como segue existindo a discriminación de xénero no ámbito da ciencia -ela mesma o sufriu- e o teito de cristal para as mulleres. Puxo como exemplo a biomedicina na que hai moitas mulleres traballando, mais a súa presenza en cargos de responsabilidade é moi escasa.
Esta charla, que pon o peche as actividades arredor do 8M no noso Centro, enmárcase no programa educativo STEM que impulsan Prensa Escuela da Voz de Galicia e a empresa Viaqua, para achegar mulleres inspiradoras aos estudantes que lles sirvan de referentes femininos e próximos no ámbito STEM.
No hay comentarios:
Publicar un comentario