jueves, 18 de mayo de 2023

O mundo na túa cabeza

                       CHARLA DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA POR CASTO RIVADULLA

 Unha das actividades destacada entre as organizadas polo Club de Ciencias Baiociencias durante a Semana Cultural foi a visita de Juan Casto Rivadulla Fernández, prestixioso neurocientífico da Universidade da Coruña, que impartiu unha charla de divulgación científica sobre o funcionamento do cerebro ao alumnado de 1º Bach.

     Introduciu o tema explicando que son as neuronas e como funcionan, deixando claro que o importante non é o número que teñamos delas, senón as conexións que fan entre elas. Coa idade a capacidade de conexión das neuronas vai diminuíndo, por iso merma a capacidade de aprendizaxe. A continuación expuxo como o cerebro só queda co aquilo que lle parece importante. Utilizando exemplos de dúas imaxes con pequenas diferenzas demostrou que aquelas diferenzas que na vida real non suceden non as viamos. Tamén nos sinalou como o noso cerebro nos pode enganar se o poñemos ao límite. De novo puxo varios exemplos con imaxes nas que aparecían cores iguais, pero nas que nós o viamos diferentes porque había unha sombra ou raias de cores por riba... confundindo así o noso cerebro.

Para rematar sinalou como cada un ten unha percepción diferente da realidade, poñendo o mítico exemplo do vestido, que unhas persoas ven branco e dourado, e outras azul e negro, pero que en realidade son as mesmas cores e o mesmo vestido.

Resultou unha charla moi interesante para entender un pouquiño como funciona o noso cerebro. Agradecémoslle a Juan Casto Rivadulla a súa visita, a súa amabilidade e claridade de exposición.


No hay comentarios:

Publicar un comentario