domingo, 6 de junio de 2021

 

                                O NOSO HORTO DE PLANTAS AROMÁTICAS
A terra arada e labrada
só quere ser sementada!
                Manuel María
 
Seguimos promovendo o coñecemento e o contacto coa natureza entre o noso alumnado. Desta vez, decidimos facer un pequeno horto de plantas aromáticas co alumnado de 2º da ESO na hora de titoría. Esta actividade pode ser un recurso educativo máis para achegar o alumnado ao mundo natural, a terra, fomentar as actividades ao aire libre e reforzar a convivencia , o traballo en equipo e a cohesión do grupo.
Os beneficios que aportan as plantas aromáticas son diversos. Atraen aos insectos encargados da polinización e controlan as pragas xa que son repelentes naturais. Ademais, son doadas de cultivar e aportan recendos e beleza ao noso xardín.
Despois de preparar a terra e dunha pequena explicación sobre as plantas aromáticas e os seus usos, o alumnado plantou pirexel, tomiño, ourego, santolina, herba luisa, salvia, lavanda,menta, albahaca e romeu, moitas delas descoñecidas para o alumnado.
De agora en diante será este alumnado o responsable de coidalas, regalas e cando as precisen, usalas para adobar as súas comidas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario