martes, 8 de junio de 2021

 

                                                    APADRIÑAMOS ÁRBORES
 
    O venres pasado aproveitamos a hora de títoría con 2º da ESO para que o alumnado escollera unha das árbores (castiñeiros, cerdeiras e abelairas) que plantaron en xaneiro e á apadriñara, comprometéndose a coidala e facer un seguimento da mesma.
    Primeiro mediron a altura e a circunferencia da árbore e apuntaron estes datos xunto con outra información relevante da mesma (nome ciéntifico e en galego, data da plantación e apadriñamento e características da árbore) nunha ficha en inglés e en galego e finalmente fixeron unha foto coa súa árbore para incorporar á ficha. Durante os anos que estén no centro, irán rexistrando novos datos e observando os cambios.
    Ademais de aprender o nome das árbores en galego, o obxectivo deste proxecto é concienciar ao noso alumnado sobre a importancia da conservación do medio natural e dos seus valores paixasísticos e culturais .
    No futuro, esta leira cedida por unha familia da localidade convertiráse no noso BOSQUE DAS LETRAS E DA MÚSICA, un espazo para realizar actividades de educación ambiental e disfrutar do contacto coa natureza .

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario