miércoles, 25 de octubre de 2023

Alumnado de 1º e 2º ESO incubará ovos da Galiña de Mos

 

    O Club de Ciencia do IES Maximino Romero desenvolve, en colaboración coa Asociación de Avicultores da Raza Galiña de Mos, un proxecto de educación avícola. O alumnado de 1º e 2º ESO poderá observar no laboratorio de Química o ciclo de incubación e o nacemento de poliños.

      Hoxe pola mañá comezaron o proxecto coa charla do veterinario Diego Rois que lles explicou as características dos ovos e o mecanismo de incubación con controis de temperatura e humidade.

    Unha vez que nazan os pitiños -aos 21 días- volverá Diego Rois para indicarlles os pasos a seguir para mantelos con vida, e que complementará cunha charla divulgativa sobre a recuperación, conservación e fomento da raza autóctona Galiña de Mos, actualmente un produto delicattesen nas tendas. 

    O alumnado amosouse entusiasmado ante a perpectiva de ver nacer os poliños e de telos no Centro.

No hay comentarios:

Publicar un comentario