Na reunión do club de ciencias deste luns o alumnado do club de ciencias de 1º e 4º da ESO elaborou un slime coa axuda das monitoras do grupo de 2º Bacharelato. O slime é semellante a plastilina viscosa e mol que ten unha alta resistencia e que se pode estirar sen romper. Serve para axudar a motricidade e tamén como desestresante. Cuns ingredientes que se poden atopar en calquera fogar (bicarbonato de sodio, líquido de lentillas e cola branca) puidemos facer o noso slime caseiro. Engadímoslle un colorante fluorescente e outro termocrómico.
É moi interesante ver a súa fluorescencia cunha lámpada
UV, e co colorante termocrómico puidemos observar como cambia de cor ao cambiar
a súa temperatura.
No hay comentarios:
Publicar un comentario