domingo, 17 de octubre de 2021

 

COMPROMETÉMONOS COS OCÉANOS

            Un ano máis, convocados por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), o venres, 15 de outubro, limpamos co alumnado de 1ª da ESO o areal de Traba, co obxectivo de conciencialo sobre a contaminación mariña producida sobre todo polo plástico. 

            Aproveitamos tamén a saída para darlle a coñecer ao alumnado o gran valor ecolóxico deste lugar, declarado Espazo Natural protexido da Lágoa e Dunas de Traba e recoñecido como Zona de Especial Pretección de Aves (ZEPA) e Lugar de Interese Comunitario (LIC). O interese natural desta lágoa céntrase principalmente no gran número de aves invernantes que nos visitan no seu camiño a África. Tivemos a sorte de poder observar unha garza real (Ardea cinerea) nos campos á beira da lágoa e a herba de namorar (Armeria marítima) nas dunas.

               Ao regresar fixeron unha pequena exposición na entrada do Centro co plástico recollido (uns 50 quilos) e clasificado para que todos sexamos consciente da variedade de residuos que se verten nas nosas augas e que repercuten gravemente no medio natural. 

Sabiades que

  • Uns 10 millóns de toneladas de plástico rematan cada ano nos oceános.
  • Os oceános reciben 200 kg de plástico por segundo.
  • 90% das aves mariñas teñen fragmentos de plástico no estómago.


No hay comentarios:

Publicar un comentario