Mostrando entradas con la etiqueta Feira Científica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Feira Científica. Mostrar todas las entradas

sábado, 10 de mayo de 2025

FEIRA CIENTÍFICA

  PARTICIPAMOS NA ROMERÍA CIENTÍFICA

 

O Club de Ciencias participou o pasado 10 de maio no XXIX Día da Ciencia na Rúa,  celebrada no parque de Santa Margarida da Coruña, arredor da Casa das Ciencias, onde se sitúa o núcleo fundamental desta romaría científica.

Un grupo de alumnos e alumnas de 3º e 4º de ESO, e de 1º Bacharelato pertencentes ao Club de Ciencia, atenderon un stand no que se ofrecían distintas actividades relacionadas coa ciencia: xogos matemáticos, extracción de ADN, explicación do ciclo vital dos vermes de seda e elaboración de perfumes caseiros, ou de slime.

Así mesmo, puidemos ensinarlles ás persoas que pasaron pola nosa caseta pequenos experimentos científicos baseados na tensión superficial, capilaridade e electricidade.

Unha xornada chea de novas experiencias na que representantes do noso club tiveron a oportunidade de presentar algunhas das actividades e experimentos realizados durante o curso, ante un público que se amosou moi interesado ante a experiencia compartida. dende o stand do Club de Ciencia do IES Maximino Romero de Lema.

Parabéns a todos e a todas por representarnos tan ben neste marabilloso día científico!