Mostrando entradas con la etiqueta Pegada 0 na alimentación. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Pegada 0 na alimentación. Mostrar todas las entradas

lunes, 13 de enero de 2025

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: XANEIRO

Comezamos o 2025 cunha nova pequena mostra dos alimentos frescos que se producen na contorna. Lembremos que consumir produtos locais axuda a acadar unha menor pegada ecolóxica ao reducir os custos ambientais.

Acompañamos esta pequena exposición cunha pílula informativa sobre as calidades dos produtos que amosamos, así como dun novo punto para que nos concienciemos no consumo dos mesmos:

Apoio á economía local: Comprar produtos locais fomentan a economía da rexión, apoiando aos agricultores e produtores locais, o que tamén pode promover a biodiversidade agrícola e a preservación dos ecosistemas locais.


lunes, 4 de noviembre de 2024

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: MES DE NOVEMBRO

 

Comezábamos en outubro este proxecto que ten como obxectivo reducir a pegada ecolóxica no contexto do consumo de alimentos; isto é, diminuír o impacto ambiental de producir, procesar, transportar e consumir alimentos. Un xeito de acadar a pegada 0 é consumir produtos de proximidade, tamén coñecidos como alimentos locais.

Cada mes na exposición que poñemos no corredor do Centro propoñemos aqueles alimentos de proximidade característicos, xunto cunha pílula informativa sobre os beneficios de consumilos. Hoxe comezamos coa primeira:

Redución das emisións de carbono: Os alimentos locais consúmense na súa área de orixe polo que non requiren longos transportes e reducen bastante a pegada de carbono asociada ao transporte. Os alimentos que viaxan grandes distancias, especialmente avións ou camións, teñen unha pegada de carbono moito maior debido ao combustible utilizado.

          Xa sabes reflexiona sobre o lido e dálle unha volta ao teu consumo!!!


 

lunes, 7 de octubre de 2024

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: MES DE OUTUBRO

 

Un mundo novo é seguro, pero nada nos asegura que sexa mellor se non tomamos cartas no asunto, e o consumo é o principal piar para acadar ese mundo. Poucas veces somos máis importantes na sociedade que cando tomamos a decisión de consumir: roupa, combustibles... pero tamén alimentos. Canto tempo lle dedicamos a analizar as consecuencias do noso consumo de alimentos? É fundamental, como ben sabemos no noso Club de Ciencias, polo que decidimos axudar á Comunidade Educativa a reflexionar sobre o seu consumo de alimentos.

O noso proxecto vaivos traer cada mes unha mostra dos alimentos con pegada cero, é dicir, alimentos que se producen na nosa contorna e que polo tanto reducen custos ambientais ao tempo que axudan aos produtores locais.

Unha das máximas do ecoloxismo marcaba que debemos pensar globalmente pero actuar localmente e nesa liña se enmarca a nosa iniciativa: Dálle unha volta ao teu consumo!