martes, 14 de noviembre de 2023

Fluorescencia

 CELEBRACIÓN DA SEMANA DA CIENCIA

 Como actividade da Semana da Ciencia, o día de hoxe, o alumnado de 2º Bacharelato (Ainara, Andrea e Marina) levaron a cabo unha actividade na que se comprobaba a presenza ou non da fluorescencia en diferentes substancias. A fluorescencia é unha característica de determinadas substancias que son capaces de emitir unha radiación cando se lle fai incidir outra radiación. Neste caso a radiación incidente empregada é a ultravioleta.

Para comprobar dita fluorescencia con luz ultravioleta utilizáronse as seguintes substancias:

- Líquidos: leite, zume de froitas, bebida tónica, pigmento de clorofila, auga ou vinagre. Entre elas había que descubrir aquelas que presentasen fluorescencia.

- Rochas e minerais: entre os que había algúns que si presentaban fluorescencia.

- Billetes de curso legal: nos que baixo a luz ultravioleta albiscábanse marcas que a simple vista no son perceptibles posto que están feitos cunha tinta que so se pode ver baixo a citada luz ultravioleta.

- Crema solar: como pantalla protectora da radiación ultravioleta. Observábase que ao incidir a radiación UV na crema solar, esta absorbía a citada radiación.

- Rotulador fluorescente. Comprobouse que o incidir a luz UV sobre un subliñado observábase a súa fluorescencia. Mais se aplicabamos sobre el crema solar podíase inhibir a súa fluorescencia ao actuar como pantalla protectora.


No hay comentarios:

Publicar un comentario