INTELIXENCIA ARTIFICIAL RESPONSABLE
O alumnado de 2º de BAC gozou na tarde de hoxe da conferencia Os segredos da Intelixencia Artificial Responsable, Accesible e Centrada nas persoas, unha grata e amena posta en común, que nos achegou ao mundo da IA (Intelixencia Artificial). Defenderon como o campo que estuda a creación de sistemas capaces de resolver problemas de forma autónoma (imitando a intelixencia humana) con aspectos tan interesantes coma os “sesgos na aprendizaxe automática (corpus), puxeron algúns exemplos en “visión artificial (con ALEXNET)” ou xogos con “Citius invaders”.
A verdade é que nos soubo
a pouco e quedamos con ganas de saber e aprender moito máis sobre o tema. En palabras de Fran, un dos asistentes: A mellor charla que tivemos!
A conferencia foi impartida por Alberto Bugarín Diz, catedrático de Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial e investigador do CiTIUS (Centro Singular de Investigación en Tecnoloxía Intelixentes); por José María Alonso Moral, enxeñeiro Superior en Telecomunicacións pola UPM e tamén investigador no CiTIUS-USC, e por Alejandro Catalá Bolós, profesor-axudante Doutor, e forma parte do Programa A ponte entre o ensino medio e a universidade da Universidade de Santiago de Compostela.
A nosa comunicade podería ter no curso 2022-2023: o Grao de Intelixencia Artificial e pasaría a ser unha das poucas que o imparta en España -a USC ten deseñado o proxecto dende 2020- e se constituiría nunha das titulacións máis importantes para o presente e futuro da sociedade. Por iso dende o Club de Ciencias queremos abrirlles os horizontes profesionais a rapaces e rapazas que están a piques de iniciar os seus estudos universitarios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario