NOVA VIDA AO PAPEL DE PERIÓDICO!
Na última xuntanza elaboraramos láminas de papel reciclado e... hoxe quixemos seguir a traballar con papel de periódico- unha vez lido é un residuo- para darlle unha nova vida! Decantámonos por crear lapiseiros personalizados para o que tamén precisamos bricks, cola branca, pinturas e, por suposto, a creatividade de cada un/unha dos alumnos e alumnas.
Como non nos deu tempo de rematar, ensinarémosvos as nosas creacións artísticas cando as finalicemos na seguinte xuntanza, o día 14 de febreiro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario