lunes, 16 de diciembre de 2024

Terceira reunión Club Ciencia 1º Trimestre

  REALIDADE AUMENTADA E INMERSIVA

 


 Terceira sesión que tivo lugar no IES Maximino Romero de Lema o 16 de decembro de 2024 co alumnado de 1ºESO. Traballaron ferramentas como Piclumen, Luma AI, Copilot e a incorporación de obxectos RA na aula. Finalmente, traballaron con Blockade Labs para xerar imaxes 360º.

 

 

Terceira reunión Club Ciencia 1º Trimestre

 

 A CATALASA DA PATACA

 Na reunión do Club de Ciencia do día 16 de decembro, o alumnado de 4º ESO  e 1º e 2º Bacharelato, traballou sobre a catálise enzimática, en concreto a acción catalítica da catalasa, un enzima presente na pataca, e a modificación da súa actividade segundo as condicións da reacción (temperatura e pH). Os enzimas son biocatalizadores que serven para acelerar procesos, son substancias de natureza proteica que catalizan reaccións químicas sempre que sean termodinámicamente favorables. Unha vez rematada a reacción química recupéranse sen alterarse. A catálise prodúcese mediante unha baixada na enerxía de activación da reacción. Sen embargo, son moi sensibles a cambios de pH e temperatura, pois perden a súa estrutura e xa non son capaces de realizar a catálise.

A catalasa acelera a reacción da disociación do peróxido de hidróxeno en auga e osíxeno.

 

 








Terceira reunión Club Ciencia 1º Trimestre

 

DECORACIÓN NAVIDEÑA CON RESINA EPOXI E PAPIROFLEXIA

 

Na terceira reunión do primeiro trimestre, celebrada o día 16 de decembro, o alumnado pertencente o Club de Ciencia dos cursos de 2 e 3º ESO, puideron preparar unhas pezas navideñas empregando resina epoxi e papiroflexia. Unha vez mesturados os dous compostos (resina e o endurecedor) engadimos esa mestura os diferentes moldes, que se puideron decorar con pedra, purpurina ou cores diferentes, só precisan un pouco de creatividade e imaxinación para elaborar os colgantes, os pendentes ou os chaveiros. Unha vez vertida a mestura no molde deixaranse secar durante 24-48 horas. 


lunes, 2 de diciembre de 2024

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: DECEMBRO

 

Velaquí vos deixamos  unha pequena mostra de alimentos frescos que se producen na nosa contorna no mes de decembro cos que podemos axudar a acadar unha menor pegada ecolóxica ao reducir os custos ambientais. Ademais vai acompañada dunha nova pílula informativa para que todos e todas reflexionemos sobre esta cuestión:

Uso eficiente de recursos: Os alimentos locais están na súa tempada óptima, o que implica que se cultivaron en condicións máis naturais e eficientes. Iso evita o uso excesivo de enerxía, pesticidas e fertilizantes que se empregan a miúdo para producir alimentos fóra de tempada ou en condicións non ideais.