lunes, 24 de febrero de 2025

Primeira reunión segundo trimestre

 ESTUDIO DO FENÓMENOS DE DIFRACCIÓN


O luns, 24 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia de 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato, participou nun taller onde puideron experimentar co fenómeno de difracción da luz.

Entre os diversos experimentos que se puideron facer coa axuda dun láser destacamos: comprobación da lei de Snell, observación do fenómeno da difracción da luz, creación de patróns de interferencia, comprobación do Principio de Huygens e experimento da dobre grella. Tamén puideron comprender o funcionamento dos láseres e como se pode determinar a separación entre pistas dun CD.







Primeira reunión segundo trimestre

 EXPERIENCIAS DE PAPIROFLEXIA: TENSIÓN SUPERFICIAL E CAPILARIDADE 




O luns, 24 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia de 1º ESO participou nun obradoiro de papiroflexia no que se fixeron diferentes experimentos. O primeiro con flores e estrelas de papel puideron aprender máis sobre a capilaridade que presenta as fibras do papel e como se van abrindo os petalos que se encontran pregados polo efecto da capilaridade. O seguinte experimento consistiu na creación dun foguete que fixeron voar polo efecto da presión do aire. para rematar estas experiencias tan interesantes e motivadoras, fixeron un barco de papel e puideron experimento coa tensión superficial da auga e como cunha gota de xabón rompe esa tensión liberando o barco que empeza a moverse só pola auga.













Primeira reunión segundo trimestre

 CIRCUITOS CON PLASTILINA CONDUTORA


O luns 24 de febreiro, o alumnado do Club de Ciencia de 2º e 3º ESO participou nun taller que consistía en elaborar plastilina condutora e illante coa que posteriormente debían elaborar un circuito empregando unhas pilas e uns led de cores. Primeiro elaboraron a plastilina con materias cotiás (fariña, auga, zume de limón, sal, aceite de cociña e colorante). Para que a plastilina sexa condutora precisa que na súa composición haxa sal mentres que se non se quere condutora o que se lle ten que engadir é azucre.

Unha vez feita a plastilina había que formar un circuito co que se pretende encender uns leds (en serie, en en paralelo, ....) a creatividade do alumnado puidose comprobar cos circuitos elaborados que se poden observar nas seguintes fotografías.













martes, 11 de febrero de 2025

O CULTIVO E A CONSERVACIÓN DAS ÁRBORES AUTÓCTONAS

Hoxe, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Club de Ciencia organizou para o alumnado de 1º ESO a visita de Nieves Vidal González, doutora en Ciencias Biolóxicas e científica titular do CSIC, que veu acompañada de  Bruce Christie, tamén especialista en árbores.

Introduciu a charla “Podemos conservar un bosque nun tarro de cristal?” con preguntas sobre algúns científicos e científicas recoñecidos co obxectivo de afirmar que só son o iceberg do total de persoas que se dedican a investigar. A seguir presentou as motivacións persoais que a levaron a dedicarse á súa carreira científica e en que consistía esta. Finalmente explicou de xeito moi didáctico o cultivo in vitro de especies leñosas autóctonas (castiñeiros, carballos, sobreiras, vimbieiras, amendoeiras... ) para a súa conservación e propagación -mesmo de árbores xa secas a través dos gromos  que nacen nos troncos-.

Unha actividade de divulgación científica moi interesante e de amor polas árbores autóctonas. Moi participativa por parte do alumnado que respondía rapidamente ás cuestións que formulaba a relatora, quedando esta visiblemente emocionada ante a rapidez e a capacidade científica dalgúns dos alumnos.

               En definitiva, que mellor xeito de celebrar o 11 de febreiro podemos ter dende o Club de Ciencia que dando a coñecer a unha científica que nos explique a súa investigación de primeira man?

SEN ELAS NON HAI COSMO

Hoxe, 11 de febreiro, Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia, o Club de Ciencia xunto co Equipo da Biblioteca inauguramos no Centro a exposición “Sen elas non hai cosmo”  que busca dar visibilidade ás mulleres no ámbito da ciencia e do espazo, recoñecendo a súa imprescindible contribución nun campo que durante moito tempo quedou eclipsado, mesmo infravalorado en comparación co dos seus colegas masculinos.

Na mostra descubriremos a trece científicas que abriron camiños no estudo da astronomía. Dende as estadounidenses, Katherine Coleman, Anne Druyan, Henrietta Swan Leavitt, Vera Rubin, pasando pola primeira astrónoma que tivo México, Paris Pismis, pola rusa Valentina Tereshkova, a china Wang Zenhyi ou as británicas Jocelyn Bell e Cecilia Payne. Tamén destacan españolas como Ester Lázaro, Alicia Sintes, Julia de León e, como non, a galega Antonia Ferrín, pioneira da astronomía en España.

Se queredes coñecer o papel sobranceiro no eido da astronomía que realizaron estas investigadoras,  visitade a exposición que estará na entrada do noso Centro ata finais de mes.

Agrademos á Asociación Visibles que nos cedera esta mostra, unha máis, das moitas actividades que realiza para valorizar o papel das mulleres en distintos ámbitos da sociedade.