lunes, 9 de junio de 2025

Clausura e entrega de diplomas do Club Ciencia

     Hoxe, 9 de xuño, despedimos o curso académico no Club de Ciencia 2024-2025 compartindo unha merenda no recreo e facendo entrega dos diplomas da 5º edición do Club de Ciencias a todo o alumnado que participou activamente no mesmo. Foron as profesoras Cecilia e Begoña as encargadas de darlles o título que encheu de satisfacción aos e ás participantes que durante moitos luns se reuniron para aprender e desenvolver Ciencia. Este curso tamén se lles entregou un pin de elaboración propia coa impresora láser a todo o alumnado que participou nas reunións.

Parabéns a todos e todas e esperamos que no novo curso escolar se unan máis membros!


lunes, 2 de junio de 2025

DÁLLE UNHA VOLTA AO TEU CONSUMO: XUÑO

Pílula informativa mes de xuño: 

    Neste mes de xuño a pírula informativa que queremos compartir para continuar coa nosa reflexión sobre o consumo responsable de produtos frescos e de proximidade é un consello.

       Consello para reducir a pegada ecolóxica alimentaria mediante a proximidade:

  • De haber posibilidade, cultiva os teus propios alimentos, que fará que cheguemos a unha pegada ecolóxica 0.
    En resumo, consumir alimentos de proximidade é unha forma excelente de reducir a túa pegada ecolóxica, apoiar a economía local e gozar de produtos máis frescos e nutritivos.

                                 





Taboleiros matemáticos

 TABOLEIROS MATEMÁTICOS



Ao longo de todo o curso escolar, o taboleiro de matemáticas estivo presente como unha proposta de divulgación científica aberta a toda a comunidade educativa. A súa finalidade foi achegar as matemáticas dun xeito atractivo, visual e participativo, mostrando a súa presenza no día a día e espertando a curiosidade sobre conceptos e aplicacións pouco coñecidos.

Esta iniciativa foi presentada polo alumnado do Club de Ciencia de 4º da ESO e 1º de Bacharelato de Matemáticas, que traballou con ilusión e compromiso para elaborar contidos accesibles e interesantes. Grazas ao seu esforzo, o taboleiro converteuse nun espazo de encontro co saber matemático, demostrando que aprender tamén pode ser divertido.

Ao longo do curso, tratáronse temas tan variados como os fractais, as ilusións ópticas, a celebración do Día Pi e a xeometría ambigua, sempre cun enfoque divulgativo que convidaba á reflexión e ao descubrimento.