lunes, 22 de septiembre de 2025

PUZLE HEXAGONAL


 O alumnado de FPBII participou nunha actividade organizada polo Club de Ciencias na que tiñan que formar unha figura para o que tiñan que resolver unhas operacións combinadas con números enteiros. A actividade descargouse do seguinte enderezo: https://anagarciaazcarate.wordpress.com/2015/03/05/puzzle-de-operaciones-con-numeros-enteros-nivel-ii/

Primeiro teñen que resolver as operacións matemáticas da ficha e recortar os triángulos. Unha vez recortados han de unir cada operación co seu resultado correcto formando un puzle con forma hezagonal. A actividad foi moi motivadora para o alumnado.