viernes, 18 de diciembre de 2020

                                                         COÑECENDO O NOSO PATRIMONIO

              Dentro das actividades realizadas polo Club de Ciencias recibimos o venres, 18 de decembro, a visita de Jorge Gude do CEIDA, centro de referencia para a educación ambiental en Galicia. A charla, dirixida ao alumnado de 4º ESO, tiña como obxectivo dar a coñecer e poñer en valor a importancia dos espazos naturais protexidos, neste caso as Fragas do Eume, un dos bosques atlánticos de ribeira mellor conservados de Europa.

              A conferencia está incluída no programa Para unha transición ecolóxica, cuxa principal finalidade é sensibilizar ante os problemas ambientais e contribuír na conservación do noso patrimonio natural. Dentro deste programa, que conta coa apoio da Deputación da Coruña, o noso alumnado de 4º visitará as Fragas do Eume no mes de marzo porque se protexe o que se coñece!



 

 

 REMATAMOS O 1 TRIMESTRE

Xa se achega o Nadal e dende o Club de Ciencias queremos unirnos á celebración e montamos dúas árbores científicas. A ver se sabedes a que elementos da Ciencia fan referencia!



jueves, 17 de diciembre de 2020

 Recreos científicos

A maxia da aritmética modular 

A maxia con cartas dos profesionais é un espectáculo moi preparado. Nós fixemos pequenos trucos grazas a Pedro Alegría, Nelo Maestre e Fernando Blasco, e desvalamos ao final as matemáticas que nos permitiron acadar resultados sorprendentes.


 


 

lunes, 14 de diciembre de 2020

Dragón de Gadner

O Dragón de Gardner é unha ilusión óptica creada polo ilusionista estadounidense Jerry Andrus. Trátase dunha ilusión capaz de enganar o noso cerebro usando como medio a percepción virtual: ao miralo dende distinto ángulos dá a impresión  mediante un efecto óptico de que te segue coa mirada.

No Club de Ciencias elaboramos estas catro figuras que tivemos expostas no corredor para que non deixaran de observarnos.




 

 Formación de monitores

        Formación de monitores para a titorización durante a realización de distintos obradoiros que se celebrarán no últimos día deste trimestre, no que se que se elaboraran barras de cacao, perfumes e bonecos de neve.

Os novos monitores son Manuel, Nayla e María de 3º ESO e Desirée de  2º ESO.






lunes, 7 de diciembre de 2020

 Recreos científicos

Os novos Galileos 

 Neste recreo científico collemos o que atopamos a man (papel, cinta adhesiva, xices, moedas... e dúas botellas de auga, unha medio chea e outra chea de todo e comprobamos o seu comportamento ao deixalos caer libremente.

Comprobamos que a aerodinámica inflúe no que tardan en chegar ao chan e convencemos aos incrédulos de que a masa non inflúe. Despois duns minutos tirando dende unha determinada altura cousas, os menos obsesionados co estudo marcharon con máis ganas de coñecer as Leis de Newton, quizais algún deles nos sorprenda nun futuro unificando as teorías cuántica e relativista.



 Recreos científicos

Globos inflándose sós

Enchemos globos con fariña, xiz e bicarbonato e colocámolos en botellas con auga e vinagre, con auga, xiz ou fariña non pasa nada, pero mesturando bicarbonato con vinagre logramos que un globo se infle só pola produción de CO2. 

Deixamos que o alumnado fixera distintas mesturas e observase os resultados. Chegamos a facer estoupar un globo para ledicia das emocións!

Esta experiencia simple e con reactivos caseiros permitiu aproximarse dun xeito lúdico ás reaccións químicos.

Posteriormente explicamos que a reacción que ten lugar é: