sábado, 22 de mayo de 2021

 

                                         OBRADOIRO DE DESEÑO E IMPRESIÓN EN 3D
 
Onte venres, entre as actividades da Semana Cultural do Centro, o alumnado de 1º curso de Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes participou nun obradoiro de Deseño e impresión en 3D impartido por Marta Diz Alonso, profesora do Departamento de Informática do noso centro.
No obradoiro tratouse a relevancia do deseño e impresión 3D na actualidade en ámbitos como educación, sanidade, industria, arquitectura, etc. Explicouse o funcionamento das impresoras 3D de deposición de material fundido, analizando as impresoras que temos no centro: Crealite Ender 3 Pro e a Prusa MK3S. Profundouse nos diferentes tipos de materiais de impresión 3D e no proceso de deseño e impresión dun modelo.
Para rematar o obradoiro, o alumnado deseñou un chaveiro co seu nome.
 

 
 
 

viernes, 21 de mayo de 2021

 SECHER, PROTAGONISTA NO TABOLEIRO DE MATEMÁTICAS

    O artista holandés Escher é o protagonistas da última exposición que acolle este ano o taboleiro de Matemáticas. 

    Este popular artista foi admirado primeiro admirado por matemáticos e científicos antes de obter o recoñecemento dos críticos da arte. Non hai dúbida da influencia da matemática na súa obra, sobre todo dalgúns elementos xeométricos. 

Observade ben o taboleiro e a ver se recoñecedes algunhas das aplicacións xeométricas que utilizou nas obras que aí aparecen. Irédesvos percatando de que as matemáticas abarcan un amplio contexto e que non se limitan só a números e operacións. Nesta exposición concreta ensinanos a relación directa entre matemáticas e arte.

Ademais para complementar realizamos tetraedos e caleidociclos en papel.



 
O divulgador científico Xurxo Mariño foi invitado polo Club de Ciencias para impartir unha charla co título Radiación, móbiles e saúde ao alumnado de 1º de Bacharelato. Empezou describindo algúns principios básicos sobre a organización da materia e a enerxía no universo. A continuación describiu como pode afectar esa enerxía aos tecidos vivos, especialmente ao cerebro e, rematou concluíndo que, aínda que a radiación elecromagnética interacciona coa materia, a frecuencai e a intensidade utilizada polos teléfonos móbiles non poden causar, ata onde se sabe, problemas de saúde. A moitos de nós axudounos esta amena conferencia para disipar os temores que tiñamos con estes e outros avances técnicos.


jueves, 20 de mayo de 2021

PROBLEMÁTICA DO LIXO MARIÑO

        Unha vez máis dende o Ceida, centro de referencia para a educación ambiental de Galicia, achegáronse ao noso centro para concienciarnos da contaminación que sofre o mar e propuxeronnos propostas de solucións alternativas ao usos dos plásticos na nosa vida cotiá. Resultou un obradoiro moi ecolóxico con iniciativas que intentaremos levar a cabo no noso día a día. Os alumnos e alumnas de 2º da ESO saíron convencidos de que entre todos podemos salvar os nosos mares.


 


miércoles, 19 de mayo de 2021

EMERXENCIA CLIMÁTICA

        Dende o CEIDA, centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, viñeron a mellorar o coñecemento e a percepción que temos sobre o cambio climático e os posibles efectos derivados do mesmo, como reducilos e adaptarnos. O alumnado de 4º da ESO saíu moi concienciado tras a charla e asumiu que a loita por conservamos o noso mundo tal como o coñecemos é de todos.



 O LOBO NA COSTA DA MORTE

    Francisco Lema, un gran coñecedor do lobo na Costa da Morte, veunos visitar para explicarlle ao alumnado de 1º da ESO que o lobo, o noso gran superdepredador, pode chegar a ser tamén o noso aliado. É importante coñecelo para ser capaces de atopar o equilibrio con este animal que é insignia da nosa fauna. Esta é outra das actividades que organizamos dende o Club de Ciencias durante a Semana Cultural.


 


SEGUNDA OPORTUNIDADE

        O primeiro día da nosa Semana Cultural, o alumnado de 1º e 3º da ESO tiveron unha charla con Salomé e Lucía, integrantes da Asociación de Amigos da Canceira de Ordes. Elas informáronos de que España é un dos países europeos onde máis cans se abandonan! Proporcionarlles unha segunda oportunidade é a misión dun grupo de voluntarios de Ordes que asumiron que os cans non debían sufrir as consecuencias dos erros humanos. 

    Por que é mellor adoptar ca comprar? Por que é bo castrar as nosas mascotas? Mirando aos ollos a calquera can dunha canceira temos a resposta sen necesidade de palabras.