INAUGURACIÓN DO CLUB DE CIENCIA 2021-2022 POR
INVESTIGADORES
DO INSTITUTO GALEGO DE FÍSICA DE ALTAS ENERXÍAS
Hoxe,
luns 4 de outubro, inauguramos o Club de Ciencia con dúas charlas divulgativas que resultaron
de gran interese.
O alumnado de 2º de Bacharelato
tivo a oportunidade de escoitar a Javier Martín coa ponencia Caendo no buraco
negro que tiña como obxectivo dar a coñecer a física de partículas e os buracos
negros. Relatou a importancia de atopar os ladrillos universais do Universo,
lembrando as achegas á Ciencia desde Empédocles, Demócrito, Dalton, sen
esquecer a Mendeleiev (a súa lei periódica e visión do futuro predicindo a
existencia de elementos posteriormente descubertos).
Entramos
nas partículas que forman o átomo empezando polo protón ata chegar aos quarks,
bosóns.... Explicounos como no LHC se poden obter as pezas fundamentais coas
que se constrúen os átomos. Rematou a súa disertación cos buracos negros que
son unha predición da Teoría da Relatividade Xeral de Einstein.
Que
pasará se caemos nun buraco negro? Agora temos a resposta.
Pola súa banda, o físico
investigador tamén do IGFAE e recoñecido poeta lusófono, Alexandre Brea achegou
ao alumnado de 1º de Bacharelato a oportunidade de descubrir que é iso da
Física de partículas, como busca dar respostas a cuestións coma a do nacemento
do Universo, a da materia que compón as estrelas e os planetas ou que sabemos
da materia e da antimateria, por poñer algúns exemplos. Ademais o físico
compartiu con nós á súa experiencia no CERN: que era, as liñas de traballo...
Agardamos que con estas charlas se
esperte a curiosidade no alumnado por coñecer as leis físicas que rexen o noso
Universo!