jueves, 21 de marzo de 2024

Proxecto estudo do ciclo vital dos vermes de seda

 


Un dos proxectos que se levaron a cabo no Club de Ciencia, foi o estudo do ciclo vital dos vermes de seda. O verme de seda é a larva ou eiruga da avelaíña (ou bolboreta) da seda doméstica, cuxo nome científico é Bombyx mori.

O seu ciclo vital divídese nas seguintes fases:

  • Ovos: permanecen en estado latente ata que as condicións ambientais son propicias para o seu desenvolvemento..

  • Larva: os ovos eclosionan e sae unha larva que mudará a pel catro veces a medida que aumenta o seu tamaño ata chegar á fase adulta que lle permita realizar o casulo de seda.

  • Crisálida ou pupa: no interior do casulo seguirá medrando e mudando ata que sufra a metamorfose e se transforme nun animal adulto (bolboreta).

  • Adulto: ao saír do casulo buscará parella para copular e poñer ovos que darán lugar a seguinte xeración.

Partimos dos ovos e iremos observando as diferentes fases ata chegar a formación da crisálida, e saída do casulo da bolboreta.

Este estudo levarase a cabo tanto na aula como na casa, xa que levaran algunhas larvas para proceder o seu coidado e observar a evolución de primeira mán.


lunes, 18 de marzo de 2024

Reunión do Club Ciencia

 


O luns, 18 de marzo, realizamos a última reunión do segundo trimestre do Club de Ciencias, na que realizamos as seguintes actividades:

- Cromatografía, con 2º ESO e 1º Bacharelato.

- Resina epoxi e papiroflexia, con 3º ESO e 1 Bacharelato.

- Obradoiro de intelixencia artificial, con 1º ESO e 4º ESO.

Deixamos a continuación unhas fotografías que amosan as actividaes realizadas e o bo ambiente no que se desenvolveron.


viernes, 15 de marzo de 2024

Video actividade Intelixencia Artificial


O alumnado do Club de Ciencias de  2º de ESO e 1º Bacharelato, participou nunha actividade de Intelixencia Artificial, neste vídeo podedes observar as actividades que levaron a cabo durante a reunión.


lunes, 11 de marzo de 2024

Reunión do Club de Ciencia

 

O luns, 11 de marzo, retomamos as reunións  do Club de Ciencias, na que realizamos as seguintes actividades:

- Cromatografía, con 3º ESO e 2º Bacharelato

- Resina epoxi e papiroflexia, con 1º ESO e 4º ESO

- Obradoiro de intelixencia artificial, con 2º ESO e 1º Bacharelato

Deixamos a continuación unhas fotografías que amosan as actividades realizadas e o bo ambiente no que se desenvolveron.



lunes, 4 de marzo de 2024

Reciclaxe de pilas e baterías

  

 

Por terceiro ano participamos no Concurso Pilabot co obxectivo de realizar unha recollida selectiva de pilas para reciclar e protexer o medio ambiente minimizando a contaminación xerada polos residuos de pilas á vez que podemos gañar un premio. Por iso vos animamos, unha vez máis, a que traiades dos vosos fogares todas as pilas usadas que atopedes e así facer do noso Centro un centro ecolóxico.          

             Xa repartimos cadanseu contedor entre todos os membros da Comunidade Escolar e agora sodes vós os protagonistas, enchéndoos e depositando as pilas no colector que hai na entrada xunto a conserxería. Lembrade que o centro que máis pilas xunte, máis oportunidades de gañar premio terá.

martes, 27 de febrero de 2024

Ocultadas pero elementais: a diversidade na historia da física

 


    

    O pasado 11 de febreiro foi o Día da Muller e a Nena na Ciencia, día importante no que destacar a importancia do papel decisivo das  mulleres na Comunidade Científica. Motivo polo cal, hoxe, martes 27 de febreiro, O Club de Ciencia tivo a oportunidade de participarnunha charla na que dous investigadores do IGFAE: Aarón José Alejo Alonso e Alicia Muñoz Ramos trataron sobre este tema.   

    O alumnado de 1º de Bacharelato tivo a oportunidade de escoitar a ponencia: Ocultadas pero elementais: a diversidade na historia da física que tiña como obxectivo dar a coñecer o nome de mulleres que desenvolveron a súa actividade no ámbito científico pero que nalgún caso non foron destacadas nin premiadas polo seu traballo. Empezamos coñecendo os traballos científicos de Marie Sklodowska Curie, Lise Meitner, Chien-Shiung Lou e rematando por Marie Goeppert-Mayer. Non só a discriminación producíase polo xénero tamén puidemos escoitar algún exemplos de homes no que o seu traballo científico non foi recoñecido debido a súa condición sexual coma Alan Turing ou Frank Kameny. Tivo que pasar un tempo para que o recoñecemento se producise.
Seguindo os datos dun estudo estatístico púidose observar que o número de mulleres premiadas co premio Nobel roldaba ata o ano 2018 o 5%.

     Agardamos que con estas charlas se esperte a curiosidade no alumnado por coñecer a historia dos descubrimentos científicos.



jueves, 1 de febrero de 2024

Nova reunión do Clube de Ciencias

 O pasado luns, 29 de xaneiro, retomamos as reunións  do Clube de Ciencias, na que realizamos as seguintes actividades:

- Cromatografía, con 1º e 4º ESO

- Resina epoxi e papiroflexia, con 2º ESO e 1º Bacharelato

- Obradoiro de intelixencia artificial, con 3º ESO e 2º Bacharelato

Deixamos a continuación unhas fotografías que amosan as actividades realizadas e o bo ambiente no que se desenvolveron.